« Novembro 2024 »
DomLunMarMérXovVenSáb
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

Alumnado

Las bibliotecas escolares de Galicia

Iniciar sesión

Recomendacións Lectoras Verán

Un verán sen ler, non é verán! Estas son as recomendacións lectoras que nos fai a nosa Galiña Azul para esta tempada...Agardamos que as gocedes moito!

 

POEMAS PREMIADOS NO II CERTAME DE MICROPOESÍA DE BEATRIZ DA SERRA

 O xurado do II Certame de micropoesía Beatriz da Serra, organizado polos Equipos de Dinamización Lingüística do IES Escolas Proval (Nigrán), IES Terra de Turonio (Gondomar e o CEIP Carlos Casares (Nigrán) e dirixido a todo o alumnado dos centros educativos do Val Miñor, deu a coñecer os poemas premiados.

Aquí podedes ler a acta e os poemas premiados.

Noraboa a todo o alumnado premiado e, por suposto a todos os participantes!

Parabéns as nosas compañeiras Adriana Gómez de 6ºA e Laura Burgo de 5ºB que foron as gañadoras na categoría A!!

APADRIÑAMENTO - LEANDRO LAMAS

O pasado 21 de Maio Leandro Lamas apadriñou a aula de 5ºEI nun acto cheo de EMOCIÓN.

Por unha banda, a ilusión de ter a Leandro entre nós e por outra, a ledicia de xuntarnos despois de tanto tempo para celebrar, cantar e gozar dunha xornada xunt@s, tod@s a unha! unha VEZ MÁIS!

VIVA A ESCOLA PÚBLICA!

Deixámosvos unha lista de reprodución coas actuacións.

CAMPAÑA ELECTORAL "CIDADE AMIGA DA INFANCIA"

O concello de  Nigrán aspira a proclamarse “Cidade amiga da infancia”.

Para conseguir este nomeamento precisa contar cun “Consello municipal dos nenos e nenas”

Dito consello estará formado por representantes de todos os centros educativos do concello.

O CEIP Carlos Casares organizou unhas eleccións para escoller os/as representantes do centro e se realizaran o vindeiro mércores 26 DE MAIO na biblioteca.

Terá dereito ao voto todo o alumnado de 3º a 6º de EP e a mesa electoral estará composta por nenos e nenas.

Cada votante escollerá a un representante por candidatura entre os/as candidatos e candidatas

                                                          de  4ºEP - 5ºA  -5ºB.

Os/as  tres que obteñan máis votos serán os/as nosos/as representantes por dous anos.

Deixámosvos as candidaturas presentadas, teñen moi boas ideas ! 

CALES SON AS MELLORES?

LETRAS GALEGAS 2021

CELEBRANDO A LINGUA, GOZANDO DA NOSA CULTURA! 

CHEGOU O DÍA  DO FESTIVAL DAS LETRAS DO CARLOS CASARES!

Accede ás actuacións a través da lista de reprodución, premendo nas raias da esquerda 1/11