Estimadas familias: A día hoxe xa está exposto o censo para as votacións para a implantación da xornada lectiva en sesión única de mañá no noso centro. O proxecto foi publicado nesta mesma páxina web o 26 de xaneiro.
O censo queda exposto no cristal de entrada, e poderanse presentar reclamacións ao mesmo entre os días 16 e 22 de febreiro, ambos inclusive, no horario de apertura do centro. O modelo para reclamar poderase solicitar en conserxería e pedir cita para tramitalo.