Lectura e familias con Vero Rilo.
A narradora Vero Rilo (Rilo&Penadique, Apatacón, Divas de Diván...) aventúranse por un camiño diverso, transitado por contos da nosa tradición oral, versións libres e revisitadas dos Contos de Fadas de Ángela Carter, contos de autor/a que xa son clásicos da literatura e álbum ilustrado infantil… Todo o repertorio vai da man da alegría, dos animais e, por que non?, de certas animalas… Son tempos de soltar as melenas e contar, cantar, bailar e correr coas feras que levamos dentro Raposos, merlas, toupas, nenas, nenos… corredes con nós? Con esta presentación soubemos que non ía defraudar. Nunha primeira sesión para adultos, Vero Rilo sacou das familias as ganas de contar axudándose delas, que foron as verdadeiras protagonistas. Nunha segunda sesión contou contos relacionados cos animais. Rematamos facendo animais no chan e en cartón máxico.