Skip to Content

Maios

Maio Campolongo 2022

Despois de dous anos de parón pola pandemia os Maios de Pontevedra volveron a Ferraría. O noso centro colaborando coa ANPA  acadou tres cuartos premios : en Maio, Interpretación e Coplas.  Parabéns a toda a comunidade educativa, pois o premio máis importante foron as xornadas de convivencia.

  - Ver nova na prensa.   - Ver fotos: Día da Festa .  - Recollendo material   - Ensaiando - Vídeo dende o palco  -  Vídeo visto de fronte con yogote - Video da festa esperando o resultado do xurado.  - Fotos Maios na Escola

Artigos relacionados: Pontevedra volve coas Festa dos Maios na Ferraría  - Recursos sobre os Maios.

Vídeo resumo dos 5 maios presentados - Máis na Etiqueta Maios

 

Recoller pampullos

Como recoller fiúncho

Pontevedra volve coas Festa dos Maios na Ferraría

O Concello volve coa Festa dos Maios o 1º de Maio ás 11:30h . Ofrecerá até catro premios por modalidade (ao maio tradicional, ás cantigas, á interpretación, á coroa), amais dun premio por participación e o especial do xurado.  O prazo de presentación de solicitudes xa comezou e remata o 28 de abril.  Ver nova na prensa.   - Ver as bases  - Ver premios  - Ver recusos sobre os Maios - Ver cartel anunciador da Festa 2022

Coplas Maio - Ferraría - 2022 - Yogote

Aí vén o Maio - M. Delgado Gurriarán - Música: Anxo Rey

 Aí vén o Maio pola porta do xardín,

aí ven o Maio de enterrar ao pai abril.

Aí vén o Maio pola porta da campía,

aí vén o Maio, galán da cotovía.

 

O Maio garrido cansino de chorar,

enxoito o seu pranto con panos de luar.

O Maio garrido tiña un cambai brunedo

i o sol esfarrapoullo cos seus dourados dedos.

 

Aí vén o Maio pola porta da devesa,

aí vén o Maio cos seus brincas de cereixas.

Aí vén o Maio pola porta do soutelo,

aí vén o Maio co seu colete amarelo.

 

O Maio garrido anda a bebe-los ventos

pola terra rapaza de doces arrecendos.

O Maio garrido, para saudar o verán,

pon luvas de etiqueta con flores de san Xoán.

 

Aí vén o Maio pola porta do valado,

aí vén o Maio co seu traxe branco.

Aí vén o Maio, ¡Ábrelle as portas, moza,

que trae, por gorentarte, caraveis e rosas!

 

M. Delgado Gurriarán

 Homenaxeado Día das Letras Galegas 2022

Música: Anxo Rey

Ver máis recursos sobre os Maios  - Ver recursos sobre F. Delgado Gurriarán (Letras Galegas 2022)

Maio cantado na escola no Curso 2018-19

Todos os ciclos

Só os de 6º (Os que cantaron na Ferraría)

Coplas para cantar no cole

Distribuir contido


by Dr. Radut