Susana Ares, periodista da Radio Galega, entrevistando e gravando ao coordinador e as alumnas que cantan o Maio este ano 2023, no 50º Aniversario. Ver as fotos na Galería de imaxes
No 2007/2008 sacáronse a rúa, para participar na Festa dos Maios de Pontevedra que se celebra anualmente na Praza da Ferraría. Ver na Galería de Imaxes
Despois de dous anos de parón pola pandemia os Maios de Pontevedra volveron a Ferraría. O noso centro colaborando coa ANPA acadou tres cuartos premios : en Maio, Interpretación e Coplas. Parabéns a toda a comunidade educativa, pois o premio máis importante foron as xornadas de convivencia.