O alumnado de 1.º e 2.º de Primaria asistiu á sede Afundación de Pontevedra para ver "La aventura de aburrirse", unha obra de teatro de monicreques protagonizada por unha nena chamada Rita que, a pesar de ter moitos xoguetes, sempre anda aburrida e non sabe xogar soa. Pero... todo cambia grazas a un parruliño de goma que lle dá a súa avoa. Cunha mensaxe de fondo no que se transmite o pouco valor do material fronte á forza da imaxinación. Luz, música e ilusión, nun día pasado por agua.
Álbum: 2022/23 -> Teatro - La aventura de aburrirse