Pobre Pontevedra
sempre dela falando
pero nunca se fai nada
e seguimos protestando.
....
Co parking de Barcelos
Pedrosa vai fardando
pero o de Campolongo
¿Para cando?
...
Nos patos da Alameda
houbo unha morea de ratas
agora están no Concello
e andan a dúas patas.
Xunto con estas coplas, os alumnos de 2º de Secundaria, Igacio García e Victor Casas, escriben un artigo de opinión sobre a Pontevedra do seu tempo.