Skip to Content

Conmemoracións

2 de Febreiro - Día da Candeloria

24 de outubro - Día das Bibliotecas- Anxo González Guerra

Hoxe, luns 24 de outubro, Día das Bibliotecas, estivo connosco contando contos aos máis pequenos o insigne e polifacético

5 de xuño - Día Mundial do Medio

O día 5 de xuño celébrase en todo o mundo este día tan importante para o noso planeta.  O lema deste ano é "Unha soa Terra".  Na escola estamos a facer  unhas actividades interactivas dende a nosa Aula virtual.  Pódense facer todas xuntas ou individualmente. As conmemoracións están posta por orde de celebración durante o curso. Ver no Portal da Lingua.

Hai tamén para descargar ou imprimir unha pequena unidade didáctica sobre o Medio que atopamos na rede (do Concello de Coruña).

- Artigo relacionado "O Ártico rompe"

 

21 de febreiro - Día da Lingua Materna - Paleofalantes e neofalantes con Lingua Guapa

Paleofalantes, son as persoas que falan unha lingua desde que naceron. Pola contra, a quen se instalan nun idioma na idade adulta, chámaselles neofalantes.   Cada 21 de febreiro celébrase en todo o mundo o Día da lingua materna, proclamado pola UNESCO en 1999, coincidindo coa data en que en 1952 a policía e mais o exército paquistaní abriron fogo contra unha multitude de falantes bengalís que se manifestaba polos seus dereitos lingüísticos, vinte anos antes da independencia de Bangladesh, na súa capital Dhaka. Defendían a súa lingua materna, a primeira, a que aprendemos desde ben pequeniños. VER : DECLARACIÓN DA R.D.L.

 

 VER A LETRA

4 de febreiro - Día Mundial contra o cancro

Entre os factores que aumentan o risco de cancro inclúense a exposición excesiva á radiación solar (cancros de pel), algúns virus (cancro de pene, colo do útero, algúns linfomas). Non obstante as causas previsibles máis importantes do cancro son o tabaco (cancros de pulmón e vexiga) e o alcohol (cancro de estómago e do páncreas). Ler máis   -  Ver o texto nunha actividade H5P

20 de Novembro - Día Universal da Infancia

O Día Universal da Infancia, que se celebra todos os anos o 20 de novembro, é un día adicado a todos os nenos e nenas do mundo.

 

 

O obxectivo do Día Universal da Infancia é lembrar á cidadanía que a infancia é o colectivo máis vulnerable e, polo tanto, o que máis sofre as crises e os problemas do mundo. É un día de festa polos avances logrados, pero sobre todo é un día para chamar a atención sobre a situación dos nenos máis desfavorecidos, para dar a coñecer os dereitos da infancia e concienciar á xente da importancia de traballar cada día polo seu benestar e desenvolvemento. 

 

Cando se celebra o Día Universal da Infancia?

 

Nesta data a Asemblea Xeral da ONU aprobou acordou o texto definitivo da Convención sobre os Dereitos do Neno, o 20 de novembro de 1989, cuxo cumprimento é obrigatorio para todos os países que o asinaron.

  

Que se celebra?

 

As Nacións Unidas celebran este Día Internacional da Infancia en homenaxe á aprobación da Declaración dos Dereitos do Neno en 1959 e da Convención dos Dereitos do Neno en 1989, o tratado internacional máis ratificado da historia.

 

Para que serve o Día Universal da Infancia?

 

Este día mundial lembra que todos os nenos teñen dereito á saúde, á educación e á protección, independentemente do lugar do mundo en que naceran.

 

Serve para facer un chamamento global sobre as necesidades dos máis pequenos e para recoñecer o traballo das persoas que traballan cada día para que os nenos teñan un futuro mellor. Sen dúbida, unha ocasión especial para que todos coñezan os dereitos da infancia e recorden a importancia de traballar polo benestar de todos os nenos e nenas do mundo.

 

Recursos

 

Dereitos dos nenos - Adaptado de 6 a 8 anos

 

Dereitos dos nenos - Adaptado de 9 a 12 anos

 

----

Fonte e máis recursos en: https://infanciagalicia.org/recursos/

2020/21 - Dereitos dos nenos

Vídeo e PDF elaborado cos debuxos dos alumnos e alumnas de 1º e 2º de Primaria do colexio Campolongo sobre os DEREITOS DOS NEN@S. 20 de Novembro de 2020

2020/21 - Día das Bibliotecas Escolares

Celebración do DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES no CEP CAMPOLONGO DE PONTEVEDRA, en tempos de pandemia. Música do libro-audio LIngua Guapa.

Distribuir contido


by Dr. Radut