O mércores 2/02/2011 tivo lugar unha reunión co alumnado de 2º Ciclo TSAAFD na aula ALFIN do IES Sánchez Cantón. Antonio Ferrer (Nito) contestou ás cuestións plantexadas polo alumnado de Xestión a través do foro da aula virtual sobre aspectos organizativos da actividade a desenvolver o 16 de Marzo: I Xornadas dos EDNL do Concello de Pontevedra. Eles serán os monitores nas actividades.
Recordamos dentro do 50º Aniversario unha das exposicións que se fixeron no curso 2010/11. Das protagonistas recordamos ás mestras Pilar Nieto e a Mª Victoria Fernández Montouto.
Calendario de peto coa mascota do EDNL (Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística). O debuxo gañador para o calendario foi o de Julia Reguera. Até o curso 2021/22, inicio desta nova páxina web, esta mascota foi utlizada no blog de Normalización e Dinamización Lingüística creado en bloguer.
Algúns dos participantes do CEIP Campolongo no XVII CROSS ESCOLAR organizado polo CEIP Vilaverde-Mourente A carreira organizouse o sábado día 18 de xuño do 2011 , na contorna do colexio organizador. Comezou a xeira ás 10 da mañá.