2010/11 - O Millo
Recordamos dentro do 50º Aniversario unha das exposicións que se fixeron no curso 2010/11. Das protagonistas recordamos ás mestras Pilar Nieto e a Mª Victoria Fernández Montouto.
Xogo de sortes: "Sete cuncas de papas de millo unha vella comeu, reventoulle o cordón do xustillo de tanto que encheu. Tiña fame e comeu outras sete, e máis recuncou. Fixo como un foguete no aire, ¡Chis, pum! e estoupou"
Adiviña: "Verde nai de cabelo dourado, leva o fillo no colo nun cobertor acochado" (O millo)