Web do CEIP Plurilingüe do Camiño Inglés
Proxecto Schola
VII Certame de Cartas de Amor
Muller tiña que ser 2x12_María Dios Rivademar
Nadal 2022
VI Certame de entrevistas radiofónicas
Muller tiña que ser 2x11_Francisca Álvarez
Muller tiña que ser 2x10_Sofía Novoa
Corremundos 30 de novembro de 2022
Muller tiña que ser 2x09_Helen Adams Keller
Muller tiña que ser 2x03_Antonia Ferrín Moreiras
IX Carreira Escolar do Magosto
Cronograma Proxecto Schola
Proxecto Schola
Escola (do grego: scholé; e latín: schola) ou colexio é o nome xenérico de calquera centro de ensino, especificamente os do ensino primario. O significado orixinal en grego era tranquilidade, tempo libre, que despois derivou en aquilo que se fai durante o tempo libre e, máis concretamente, o que paga a pena facerse.
Durante o vindeiro curso queremos reflexionar sobre o papel da escola na nosa sociedade, que importancia ten no mundo no que vivimos, quen son as persoas que traballamos nesta institución, cal é a súa historia na nosa contorna, comprobar se na maioría de lugares a escola é coma a nosa, que futuro ten coas novas tecnoloxías.
A partires desa reflexión queremos deseñar fisicamente a escola dos nosos soños, imos transformar os seus espazos para convertela nun lugar adaptado ao concepto de escola que queremos.
Por iso, invitamos a toda a comunidade a formar parte desa transformación para que ao final do curso 22/23 inauguremos de novo a nosa escola, a escola na que fagamos o que paga a pena facerse, a escola dos nosos soños.
Vémonos o día 6 de setembro ás 11 da mañá con todos os detalles.
E para despedirnos, que mellor que coñecer algo máis dunha docente e investigadora, Ángeles Alvariño.
Bo verán.