Web do CEIP Plurilingüe do Camiño Inglés
Novas
Nova sesión do Club de lectura en familia
Vindeira sesión o xoves 7 de abril ás 16:30 horas.
Encontro con María Canosa
O alumnado de 3º de EP asistiu ao Centro Cultural xunto co CEIP de Sigüeiro para asistir a un encontro coa escritoria, María Canosa, autora do libro "Rubicundo". Proximamente poderemos escoitar unha entrevista en Radio Ü.
Día de Rosalía 2016
Vísita de Teresa González Costa
Contacontos de María da Pontragha
De nós para vós nº1 Radio Ü
Primeira emisión deste magazine. Entrevistas, música e moito máis.
Segunda sesión do Club de Lectura en Familia
Encontro con Marcos Calveiro
O alumnado de 4º de EP, xunto co alumnado do CEIP de Sigüeiro tiveron a oportunidade de asistir a unha charla co escritor Marcos Calveiro, a raíz da lectura do libro "Unha casiña branca". Non vos perdades a entrevista que concedeu para Radio Ü. En breve nas ondas.
Club de lectura en familia
Hoxe tivemos a oportunidade de disfrutar desta xuntanza que terá a súa vindeira reunión dentro de dúas semanas, o xoves 10 de marzo. Lembramos que esta actividade a todo o mundo que queira estea ou non apuntado previamente.
Circular nº18 Cambio de data club de lectura en familia
Circular nº16 Logo do centro/Club de Lectura 2
Circular nº 11 Club de lectura en familia
Obra de teatro do obradoiro Teatro en Familia
Experimentando despois de ler ciencia
Para pechar o mes de novembro dedicado á ciencia en galego, nos recreos da biblioteca estivemos poñendo en práctica algúns experimentos que aparecen nos libros (e tamén no "youtube").
Grazas por compartir eses momentiños connosco.
Unha "ola" polos nosos científicos e experimentadores máis perseverantes, Brais e Gabriel.
Actividades Día contra a Violencia de Xénero
Sesión de contacontos na biblioteca. Máis imaxes na Galería.
Incorporamos asemade un novo vídeo á nosa canle.
Contacontos: Arturo e Clementina
Coincidindo co Día contra a Violencia de Xénero, e posto que cada día conta, como podemos ler nas nosas pulseiras, tivo lugar na biblioteca durante o recreo un contacontos de sensibilización con respecto deste tema.
O título elexido foi: Arturo e Clementina.
Grazas a María por compartilo e grazas as persoas asistentes.
Chegamos ao 1000
A biblioteca conta, desde esta semana, con máis de 1000 exemplares.
E seguimos sumando...
Gañadores/as do concurso de contos de terror
* Co título "Medo me da": Aleixo Romarís García
* Con "El silbón": Almudena Sánchez Calviño
* Con "Que miedo": Icía Brea Pallares
* Con "Un conto de Medo": Lucía López Meizoso
* Con "Solos ante el peligro": Juan Amigo Regueiro, Breixo Brea Pallares, Brais Fernández Vázquez, Gabriel Pardal Couselo, Xoel Sánchez Noya, Joel Francisco Santos Teixeira e Carlos Suárez Veiras.
Nota da Biblioteca
Mañá 24 de outubro conmemórase o Día da Biblioteca, en recordo da destrución da Biblioteca de Saraxevo, incendiada en 1992 durante o conflicto balcánico.
Para celebralo, esta tarde, ás 18:00 no Centro Cultural Fernando Casas e Novoa, haberá unha actuación de Fanfarra Títeres, que representará “Soñador de historias”.
Por outra banda, desde a Biblioteca convidámosvos a compartir con todos os usuarios e usuarias da biblioteca o voso libro favorito. A idea é que debuxedes a súa portada en medio folio ou en un cuarto, e por detrás, podedes escribir porque vos gustou.
Recordámosvos que o luns 26 é o último día para a entrega de contos para o Concurso de Terror.
Animádevos a participar.
Programación Xeral Anual 2015-2016
Aprobada a Programación Xeral Anual para este curso 2015-2016 que se pode consultar en documento que se achega.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- seguinte ›
- última »