Web do CEIP Plurilingüe do Camiño Inglés
Taboleiro
Gañadores do certame "Nos tamén creamos"
O alumnado de 2º de EP proclámanse gañadores/as do certame "Nós tamén creamos" da Secretaría Xeral de Política Lingüística. Ligazón ao vídeo. Parabéns para nenos/as e mestras.
Imaxes da saída a Narón de 1º e 2º de EP
Participación no certame "Quero cantar"
Aquí tedes a ligazón para poder votar.
Temos unha semana.
Viaxe fin de primaria 2016
Xa está de volta o alumnado de sexto que estivo de viaxe fin de primaria. Foi todo moi ben. Aquí tedes unha mostra.
Letras Galegas 2016
Entre outras actividades tivemos hoxe a estrea de "A figueira de Pelostortos". Proximamente poderemos vela nesta web.
Saída do alumnado de infantil a Compostela
Hoxe os nenos e nenas de 5º e 6º de EI realizaron distintas actividades en Compostela. Aquí van algunhas imaxes.
Club de sendeirismo_Ruta dos muiños
Actividades de observación astronómica
Quedada literaria no Carboeiro
Actividades propostas polas bibliotecas do CEIP de Sigüeiro e do CEIP do Camiño Inglés. Para ver máis imaxes premer nesta.
Circular 22 Caraocole 3 e outros
Saída do alumnado de infantil ao espectáctulo Xoga
O alumnado de educación infantil asistiu hoxe ao espectáculo Xoga no Teatro Principal.
Presentación do programa Caraocole
Hoxe tivo lugar a reunión de presentación do programa Caraocole. Moitas grazas aos presentes e os Concelleiros de Ensino e Mobilidade, membros da ANPA e da Policia Local. Se alguén quere colaborar como voluntario/a, especialmente na posta en marcha do programa, que se poña en contacto coa ANPA Carboeiro ou co centro (ben por correo electrónico ou por calquera outro medio). O día 15 comezará o programa. Esperamos sexa recibido por todos/as con ilusión e que supoña unha mellora na educación viaria dos máis novos da nosa comunidade.
Encontro con María Canosa
O alumnado de 3º de EP asistiu ao Centro Cultural xunto co CEIP de Sigüeiro para asistir a un encontro coa escritoria, María Canosa, autora do libro "Rubicundo". Proximamente poderemos escoitar unha entrevista en Radio Ü.
Contacontos polo Día da Muller Traballadora
O alumnado de 6º EI e 1º EP asistiu a una sesión de contacontos con motivo desta conmemoración ao Centro Cultural.
Club de sendeirismo Ponte Ulloa 1
Visita de 1º e 2º de EP a Compostela
Novas imaxes sobre a saída dos grupos 1º e 2º de EP o pasado 1 de marzo a Compostela.
Novo blog "Camiñando segur@s en Sigüeiro"
Engadido novo blog do alumnado de infantil no que traballan aspectos relacionados coa mobilidade sostible e segura. Botade unha ollada. Moi recomendable para todos os públicos.
Visita a Compostela
O alumnado de 5º e 6º de EP asistiron en Compostela ao obradoiro "Salto de páxina" no Auditorio de Galicia e á exposición no Obradoiro de Henry Moore.
Máis imaxes aquí.
Saída á Domus
Máis imaxes nesta ligazón.
Club de lectura en familia
Hoxe tivemos a oportunidade de disfrutar desta xuntanza que terá a súa vindeira reunión dentro de dúas semanas, o xoves 10 de marzo. Lembramos que esta actividade a todo o mundo que queira estea ou non apuntado previamente.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- seguinte ›
- última »