Web do CEIP Plurilingüe do Camiño Inglés
II Volta ao Camiño_Saída
Escribe os datos que se piden en cada un dos códigos QR situados nas distintas estacións sinaladas no mapa. Haberá un pequeno agasallo para cada neno que poida facer a volta, que será entregado o día da bicicleta.
Pódese facer a pé ou en bici. O percorrido é circular, sae e chega á porta do colexio. Vaise polo antigo Camiño Inglés ata o límite sinalado no mapa, prácticamente ata o límite co Concello de Ordes. Posteriormente vólvese pola actual demarcación do Camiño Inglés.
Haberá unha clasificación especial para quen o faga en menos tempo.
Ligazón ao mapa do percorrido.