Web do CEIP Plurilingüe do Camiño Inglés
Información de casos positivos de Covid-19
Tivemos ata este momento un caso de contaxio no alumnado escolarizado no noso centro, por Covid-19, e queremos aclarar:
- Cando Sanidade detecta un caso positivo pasa a información aos "operadores" da xefatura territorial de Sanidade.
- A Xefatura Territorial de Sanidade abre un expediente co caso e compárteo co colexio a través da aplicación "Educovid" da Xunta.
- O Equipo Covid do colexio recibe unha notificación SMS na que se informa da alta do dito expediente.
- É a administración sanitaria quen chama ás familias implicadas e decide as medidas que se deben tomar, tanto no que se refire aos membros do colexio afectados (alumnos, profesores...) como ao mesmo colexio (corentenas, peche dunha aula...).
- O centro colabora coa administración pero en ningún caso decide quen ten que facer PCR ou quedar en corentena. Isto sempre será notificado pola autoridade sanitaria.
- Debemos actuar con normalidade se non somos informados do contrario.
Un saúdo.
O equipo Covid