Web do CEIP Plurilingüe do Camiño Inglés
Saída-convivencia á Xanceda
Hoxe tivemos a oportunidade de pasar un gran día de convivencia na Área recreativa de Xanceda no Concello de Mesía. Como nestes anos anteriores queremos agradecer a este Concello a súa amabilidade ao atender as nosas demandas sen pedir nada a cambio. Grazas ao Alcalde, Concelleira de Ensino, Técnica de Deportes e demáis persoal. Tamén un saúdo especial a Fernando, de Casa Zapateiro. Un gran día!