Web do CEIP Plurilingüe do Camiño Inglés
Día da bicicleta 2018
Hoxe, 19 de xuño, celebramos o día da bicicleta. Desprámonos ata o Centro de saúde para a inauguración da exposición fotográfica. Moitas grazas aos pais e nais que colaboraron e a Protección Civil de Oroso.
Dentro das actividades realizadas tivemos unha conferencia sobre adiccións ao alumnado de sexto de primaria a cargo de Manolo e Lupe, persoal sanitario do Centro de saúde de Oroso aos que lles estamos moi agradecidos.
Tamén, tanto para primaria como para secundaria, contamos con María Pardo Pérez, investigadora do Hospital Clinico Universitario de Santiago de Compostela/Grupo Obesidomica, que nos falou de exercicio físico, obesidade e hábitos de vida saudable. Graciñas.
E por último, Cristian e Marian, de Protección Civil de Oroso, déronlle algúns grupos, nocións sobre primeiros auxilios. Moitas grazas aos dous.