Skip to Content

 

logos á dereita

Novidades

VAMOS, VERDES!!!!!!!!

LINGUA DE SIGNOS

ONTE O ALUMNADO DE SEGUNDO NIVEL GOZOU DUNHA ACTIVIDADE MOI ESPECIAL.

GRAZAS UXÍA POR ACHEGARNOS Á LSE.

 

 

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR

 

Aberto o prazo para representantes dos pais/nais/titores legais e para representantes do profesorado desde o día 4 ao día 12 de novembro de 2021, ambos incluídos.

O censo está publicado no edificio da Uceira, comprobade que aparezades e estean ben os vosos datos. Podedes reclamar ao censo desde o día 8 de novembro ás 09:00 horas ata as 13:00 h do día 10 de novembro.

A listaxe provisional de candidaturas publicarase o día 15 de novembro, e haberá dous días (16 e 17 de novembro) para reclamar.

A listaxe definitiva de candidaturas publicarase o día 18 de novembro.

As eleccións para os representantes do profesorado serán o día 23 de novembro ás

16:00 h en claustro extraordinario.

As eleccións para os representantes dos pais/nais/titores legais terán lugar o día 25 de novembro en horario de mañá de 08:00 a 11:00 h , e en horario de tarde de 15:00 a 18:00h.

A solicitude de candidatura pódese recoller en conserxería da Uceira, e presentarase acompañada dunha fotocopia do DNI.

Un saúdo.

O Equipo Directivo

Halloween-Samaín

ESTIMADAS FAMILIAS: DEIXAMOS UN PAR DE VÍDEOS SOBRE O HALLOWEEN-SAMAÍN NO COLE!!

 

 

Entrega do anexo ii modelo de autodeclaración e especificacións

 

Estimadas familias:

Hoxe os alumnos/as que sexan usuarios de comedor escolar levarán nas mochilas o Anexo II: Modelo de autodeclaración e especificacións.

 

Como saber que casiña teñen que marcar?

1) Precisan coller a declaración do ano 2020 e realizar o seguinte cálculo:

casiña 435+casiña 460 - casiña 595 =x

2) Deben dividir a cifra x polo número de membros da unidade familiar (y)

(Así coñecerán a súa renda neta per cápita familiar X/Y)

3) Marquen a casiña correspondente no apartado D (autodeclaración) para saber se lles corresponde o aboamento de 0€ por día, 1€, 2,50€ ou 4,50€.

4)Deben asinar o declarante (pai/nai/titor legal do alumno/a e o cónxuxe).

 

Poden realizar o cálculo coa calculadora que aparece no enlace:

https://www.edu.xunta.gal/comedores/calculadora.jsp

Precisamos que entreguen o modelo cuberto aos titores/as como máximo o 24 de setembro.

Grazas

INFORMACIÓN PARA O INICIO DE CURSO

 Pulsa na infografía para acceder a toda a información:

Recollida de recibos de comedor e vales de material e libros.

RECOLLIDA DE RECIBOS DE COMEDOR DO MES DE XUÑO

O prazo para recoller os recibos de comedor comeza o luns 28.

Teñen ata o día 12 de xullo para entregar o xustificante de pago,  de forma presencial ou enviando o xustificante de pago por email.

RECOLLIDA DE VALES DE MATERIAL E LIBROS

PRIMEIRO E SEGUNDO DE PRIMARIA: 5 E 6 DE XULLO.

TERCEIRO E CUARTO DE PRIMARIA: 7 E 8 DE XULLO.

QUINTO E SEXTO DE PRIMARIA: 9 E 12 DE XULLO.

Semana Intensa en Primeiro de Ed. Primaria.



O alumnado do 1’ nivel de E.P. gozou dunha serie de actividades algo diferentes das habituais:
A través de videoconferencia tivemos a oportunidade de entrevistar a Maria M. Noya, escritora do conto “los mellizos Luna” o cal traballamos para conmemorar o día do medio ambiente.
A nosa profe Euxe achegounos ao mundo da música, concretamente do clarinete, gozamos dun pequeno concerto e falounos da banda á que pertence: a artística de Merza.
Tamén recibimos  a visita dos dous adestradores de CD ARENTEIRO. Con eles decatámonos de que a través do futbol non so practicamos deporte, tamén aprendemos valores coma a responsabilidade e o compañerismo.
E xa por último visitáronnos as tres capitanas e os dous entrenadores do Ourense Envialia B, da 2ª división de fútbol sala femenino. Pasamos unha mañá moi agradable, falando da visibilidade da muller no deporte.

Moitas grazas a todos e todas: María M. Noya, Euxe, Fran Justo, Millán Fernández, Carla, Inés, Nerea, Rubén Carballo e Rubén Méndez.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut