Skip to Content

 

logos á dereita

Novidades

ALUMNADO DE NOVA INCORPORACIÓN PARA O CURSO 2023-2024

Publicadas nos taboleiros dos tres edificios as listaxes provisionais de alumnado de nova incorporación admitido para o curso 2023-2024.

As listaxes definitivas serán publicadas o 15 de maio.

EQUIPO COVID

PARA CONTACTAR CO EQUIPO COVID:

Chamade ao teléfono do colexio ou enviade un email

                                    
988271419   ceip.calvo.sotelo@edu.xunta.gal

ABERTO PRAZO DE ADMISIÓN PARA COLABORADORES/AS DO SERVIZO DE COMEDOR ESCOLAR 2024/2025

ANUNCIO DE APERTURA DO PRAZO DE ADMISIÓN DE MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA DO CEIP PLURILINGÜE CALVO SOTELO, COMO COLABORADORES VOLUNTARIOS NAS TAREFAS DE ATENCIÓN E APOIO AO ALUMNADO USUARIO DO COMEDOR ESCOLAR DURANTE O CURSO 2024-2025.

As nais, os pais, os/as titores/a legais e os/as acolledores/as familiares do alumnado deste centro de ensino, que desexen, ao longo do curso 2024/2025, colaborar de xeito altruísta nas tarefas de atención e apoio aos escolares usuarios do comedor escolar, poderán apuntarse nas listas de admisión, que, habilitadas para este fin, se atopan na Dirección.

O prazo para presentar solicitudes permanecerá aberto ata o día 8 setembro de 2024, podéndose reabrir un novo prazo, de ser o caso, ata o 22 de decembro de 2024.

Durante o curso escolar 2024-2025  só se contará coa colaboración das persoas que figuren anotadas nestas listas.

O director do centro.

O Carballiño, 17 de xuño de 2024.

FONDO SOLIDARIO E AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2024-2025

PROCEDEMENTO

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (ED330B - anexos I e II) accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia

SEDE ELECTRÓNICA

Para a presentación presencial deberá entregar a documentación correspondente no Edificio Uceira (luns a venres de 09:00h a14:00h).

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR

  • Anexo I e II (Pode descargarse abaixo).
  • Copia do libro de familia ou documentación equivalente, onde figure o alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar.*
  • En caso de separación ou divorcio, deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor. 

*  Excepcionalmente, cando NON sexa posible facelo polos medios anteriores, poderase  acreditar o número de membros computables utilizando algún dos seguintes medios:

  • Certificado ou volante de convivencia. (Non se considera válido o certificado de empadronamento).
  • Informe dos Servicios Sociais ou do órgano equivalente do Concello onde reside a familia.
DOCUMENTACIÓN DESCARGA
Orde do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto.
Nota informativa para as familias
Impreso de solicitude (anexos I e II)

 PRAZOS

 Presentación de solicitudes: do 21 de maio ao 21 de xuño.

Publicación da listaxe provisional:de xullo.

Reclamacións: 4-5 de xullo.

Publicación da listaxe definitiva: de xullo.

  Por protección de datos as listaxes publicaranse única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio Uceira.

Toda esta información pode atoparse en:

FONDOLIBROS 

 

 

Publicada a listaxe definitiva de admitidos no comedor escolar para o curso 2024/2025

 

Publicada a listaxe definitiva de admitidos/as no comedor escolar para o vindeiro curso 2024/25 no taboleiro de entrada do Edificio da Uceira.

8M 2024

 

Conmemoración do Día da Paz

Conmemoramos o Día Escolar  da  Paz e a Non Violencia a través de varias actuacións musicais. O alumnado de Educación Infantil  realizou unha percusión de ritmos africanos, Si ma ma ka.

Os nenos e nenas de 1°,2° e 3° interpretaron a súa propia versión de "Imagine", de John Lennon e, para rematar, o alumnado de 4°,5° e 6°  formou  a palabra  PAZ.

BOAS FESTAS FAMILIAS!

VÉMONOS O 8 DE XANEIRO!!

CONCURSO CHAPAS

Chapa ganadora

A alumna gañadora do I Concurso de chapas Calvo Sotelo foi:

CARLA M.I (5ºB)

PARABÉNS!

Distribuir contido


by Dr. Radut