Estimadas familias:
Temos a oportunidade de participar nun proxecto solidario en colaboración coa ONG
Furgoneta Solidaria a Guinea Bissau.
Recibimos esta invitación a través de dous membros do Parque de Bombeiros de O
Carballiño que están involucrados neste proxecto en calidade de colaboradores.
Solicitan a nosa axuda a través da achega do seguinte material escolar:
Cadernos
Lapis
Bolígrafos
Gomas
Estoxos
Mochilas
Libros de texto en inglés
Este material formará parte dun envío no que colaboran centros educativos, farmacias e
outras empresas de Galicia.
A ONG informaranos cando o material chegue ao seu destino, na zona de Gambasee en Guinea Bissau.
O prazo máximo para traer ao colexio as achegas é o próximo xoves 13 de maio.
Podedes saber máis sobre a asociación e o proxecto pinchando na foto: