Hoxe recibimos a visita da televisión local para realizar unha pequena reportaxe sobre a proposta educativa do Equipo de Plurilingüismo do centro. Velaquí a reportaxe e a entrevista coa mestra coordinadora do equipo, Cristina González.
Conmemoramos o Día Escolar da Paz e a Non Violencia a través de varias actuacións musicais. O alumnado de Educación Infantil realizou unha percusión de ritmos africanos, Si ma ma ka.
Os nenos e nenas de 1°,2° e 3° interpretaron a súa propia versión de "Imagine", de John Lennon e, para rematar, o alumnado de 4°,5° e 6° formou a palabra PAZ.
Polos creativos propúxonos un reto: unha tarefa centrada no ODS número 12: "Produción e consumo responsable". O 14 de abril tratábase de amosar creatividade, iniciativa e conciencia ecolóxica, empregando material de refugallo e en colaboración coas familias. Resultado? Todo un éxito. Grazas a toda a comunidade educativa.