O noso centro está a participar estas semanas no programa creado pola Consellería do Mar (dentro do Plan Proxecta) cun dobre obxectivo: promover o consumo de conservas do mar de Galicia e tentar equilibrar as súas dietas alimentarias.
O venres 15 os alumnos/as de 3º EP desfrutaron dun contacontos ilustrado e musical sobre os riscos do uso da Internet. Os nenos/as aprenderon un pouco máis sobre a importancia da ciberseguridade para tentar facer un uso axeitado das novas tecnoloxías. A actividade realizouse en colaboración coa axencia de modernización tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) e o colexio de enxeñeiros informáticos.