Entrega do anexo ii modelo de autodeclaración e especificacións
Estimadas familias:
Hoxe os alumnos/as que sexan usuarios de comedor escolar levarán nas mochilas o Anexo II: Modelo de autodeclaración e especificacións.
Como saber que casiña teñen que marcar?
1) Precisan coller a declaración do ano 2020 e realizar o seguinte cálculo:
casiña 435+casiña 460 - casiña 595 =x
2) Deben dividir a cifra x polo número de membros da unidade familiar (y)
(Así coñecerán a súa renda neta per cápita familiar X/Y)
3) Marquen a casiña correspondente no apartado D (autodeclaración) para saber se lles corresponde o aboamento de 0€ por día, 1€, 2,50€ ou 4,50€.
4)Deben asinar o declarante (pai/nai/titor legal do alumno/a e o cónxuxe).
Poden realizar o cálculo coa calculadora que aparece no enlace:
https://www.edu.xunta.gal/comedores/calculadora.jsp
Precisamos que entreguen o modelo cuberto aos titores/as como máximo o 24 de setembro.
Grazas
- 308 lecturas
- Versión para imprimir