Para celebrar o DÍA DA PAZ os nenos e nenas do Cabada Vázquez vimos cos nosos mestres/as o curto "Sadako y las mil grullas de papel". Despois traballamos moito facendo "grullas" de papel, aínda non chegamos ás 1.000 pero xa nos falta menos...
Podes consultar máis información sobre a historia de Sadako premendo aquí
O pasado martes 27 de outubro celebramos na escola o SAMAÍN e o MAGOSTO.
Tivemos exposición de cabazas.
De 1º a 6º participamos no xa tradicional concurso da ANPA para adiviñar o peso de dous calacús.
As aulas de Infantil como aínda non teñen interiorizado o concepto de "peso" elaboraron individualmente, na aula de 4 e 5 anos, debuxos de calacús e os da aula de 3 anos construiron un calacú con castañas.
Recibimos e enviamos postais felicitando o Samaín a outros centros do Concello de A Estrada e por aulas elaboramos contos de medo. Os maiores cantaron un par de cancións que prepararon coa profe Irene para amenizar o magosto.
Para conmemorar o DÍA DA POESÍA, achegouse ao noso cole o profesor xubilado e escritor estradense DAVID OTERO para realizar un obradoiro de poesía cos alumnos e alumnas de 3º, 4º, 5º e 6º. Gustounos moito a experiencia. Volveremos a repetila co alumnado de infantil, 1º e 2º.
Eiquí vos deixamos as presentacións que os Xenerais da Ulla fixeron das actuacións do noso alumnado na xornada do pasado venres 9 de febreiro para celebrar o entroido no noso cole. Nin que decir ten que por causa do mal tempo non puidemos facer o desfile ata o centro do pobo como era costume en anos anteriores, porén fixemos unha inauguración forzada da nosa nova aula de usos múltiples. A dicir verdade esa nova dependencia aínda non ten nome, pero para esa xornada foi moi proveitosa.
Queremos felicitar a Hiba por ser a gañadora do concurso "Canta con Maimiño".
Para todos os que aínda non víchedes o ben que canta, aquí tedes a súa interpretación da canción da princesa "Denise" que na versión orixinal é interpretada por Uxía Senlle.
O xoves 17 de outubro visitounos Susana Sánchez Aríns, escritora estradense con grande capacidade comunicativa, para conmemorar o día das Escritoras. Foi moi ameno e aproveitamos a ocasión para non só aprender dos seus consellos e vivencias, senón que tamén a convidamos á nosa radio.
O pasado martes 28 de abril achegámonos a colexio de "O Foxo" para pasar unha xornada de convivencia cos nenos e nenas do colexio. Pasámolo xenial! Cantamos, vimos obras de teatro e fixemos xogos populares. Esta foi a canción coa que lle agasallamos aos nosos amigos e amigas!