PEQUECIENCIA NA BIBLIOTECA

Como sabedes, no centro celebrouse recentemente o "DÍA DA CIENCIA EN GALEGO", no que se organizaron diversas actividades e exposicións. No caso dos nenos e nenas de 3 e 4 anos tamén acudimos á biblioteca e alí descubrimos unha serie de libros cos que documentarnos sobre o tema que estamos a traballar na aula: O CORPO HUMANO. Foi unha sesión chea de curiosidades e, por suposto, de moita ciencia!

 

 

 

 

Por certo! Pepe, o noso esqueleto, non quixo perder este momento e acompañounos na nosa investigación.

 

Un saúdo! 

 

O día da Ciencia

Ola a todas e a todos,como sabedes hoxe 4 de novembro celébrase " O DÍA DA CIENCIA EN GALEGO" e  como o 2016 é o ANO

INTERNACIONAL DOS LEGUMES ,para conmemorar tal data ,no noso centro fíxose unha exposición de carteis relacionados coa Ciencia e

os legumes .Para elo usamos o recanto da entrada do cole e dende a Biblioteca quixemos mostrar algúns dos materiais relacionados co

tema.

 

 

 

 

 

 

 

Un doce Samaín

Ola a todas e a todos,imos seguir engadindo noticias á nosa páxina para que poidades compartilas con nós.

Os alumnos de 5º de primaria ,dedicaron estes días a recompilar receitas elaboradas con productos típicos de este tempo ,e como non podía ser menos...."EN FEMININO" , é dicir, dadas polas nais,tías,avoas,madriñas,etc. en definitiva "MULLERES" ,que é como ben sabedes o noso tema central para este curso.

 

Aí vos quedan algunhas imaxes da súa exposición no festival de hoxe, as receitas  e como non podía ser menos unha torta traída por unha alumna de 5º cocoa forma da nosa mascota  "LIATANTOSCONTOS".

 

 

     

                       

 

 

 

 

 

 

 Ó longo da semana irémosvos amosando este libro de receitas ,pero ainda nos queda darlle a forma de libro.

 

 

Samaín

                                       

                 

 

Hoxe no cole celebramos o Samaín,todos os grupos tiveron a súa pequena posta en escea,pouco a pouco iremos amosándovos as imaxes de todo o acontecido.

De momento deixámosvos algunhas imaxes da decoración do Centro na que interviron diferentes membros   da comunidade educativa ;por unha banda , a asociación de pais e nais ,decorou unha parte da entrada do cole, á vez que convocaron un concurso para todo o alumnado,agasallando con premios,aos afortunados e afortunadas.Queremos agradecer ás  cociñeiras Elena e Teresa, que nos sorprenderon  docemente con fantasmas polas mesas, e como non a Enrique ,que se pasou case toda a xornada asando castañas .

Moitas grazas.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Día da Biblioteca

Ola a tod@s

Xa sabedes que para conmemorar o Día das Bibliotecas convocamos un concurso ,no que había que decorar un marcador de páxinas ,co encabezado de A BIBLIOTECA É.....

Está a resultar tan difícil a selección do traballo gañador,que estamos plantexándonos que tod@s sexades gañadores ,plastificar todos os traballos e logo repartilos aos nenos e nenas do cole.ímosvos a amosar algúns de estes traballos.

 

 

 

Outra das actividades levadas a cabo neste día foi a lectura dun conto aos máis pequenos,levada a cabo por nenos e nenas de outros cursos.Veredes o moito que lles gustou.

 

 

 

Por outra banda , hoxe recibimos un regalo moi especial.O profesor e escritor David Otero agasallounos con uns libros escritos por el .Estamos moi ,moi agradecidos e agradecidas por lembrarse de nós pero esperamos velo pronto polo noso cole para amosarlle a nosa gratitude e....a nosa Biblioteca.

Powered by Drupal - Design by artinet