MAGOSTO E SAMAÍN 2015

 

 

Ola a todos e todas, o próximo MARTES 27 de outubro celebraremos na escola o SAMAÍN e o MAGOSTO.

 

Está é unha actividade feita coa colaboración da ANPA e os equipos de Complementarias e Extraescolares, EDLG e Biblioteca. 

 

Dende a Biblioteca fixemos unha selección de fondos relacionados co Samaín, outono, magosto... e podedes vela onda a entrada da biblio.

Unha pequena mostra:

exposición fondos samaín exposición fondos samaín
exposición fondos samaín exposición fondos samaín

Ide botando contas que a ANPA xa trouxo os calacús para que adiviñedes o seu peso, mirade que ben lle quedou:

 

decoración anpa

 Liatantoscontosmascota da biblioteca liatantoscontos

Horario Biblioteca 2015/2016

Aquí ou premendo no ficheiro adxunto podes consultar o horario da Biblioteca para este curso.

Vémonos!!

 

 

Liatantoscontosa mascota liatantoscontos mini

AdxuntoTamaño
HORARIO_USO_BIBLIOTECA_2015_2016.pdf49.4 KB

BENVIDA AO CURSO 2015/2016

Ola de novo!!

 

Benvidos e benvidas ao curso 2015/2016.

Canto vos botei de menos nas vacacións... espero que veñades con moitas ganas de traballar e aprender.

 

Para este curso imos desenvolver un novo Proxecto Documental Integrado (PDI) sobre "O MEL" no que xa están traballando os mestres e mestras e do que logo teredes noticias. 

Ademais estou moi contenta porque teño moi boas novas: por segundo ano somos centro PLAMBE, imos poñer a funcionar as "MOCHILAS VIAXEIRAS", volveremos a solicitara da Asesoría de Bibliotecas as "MALETAS VIAXEIRAS" e moitas máis cousas que xa vos irei contando...

 

Un saúdo.

 

Liatantoscontosmascota liatantoscontos

Exposición do alumnado de 5º e 6º aos outros cursos do cole dos muíños cercanos ao seu domicilio

Déixovos unhas imaxes da exposición que fixo o alumnado de 5º e 6º aos compañeiros e compañeiras do cole. Recolleron información sobre os muíños cercanos ao seu domicilio e logo puxérona en común: 

 

exposición quinto e sexto aos compañeiros e compañeiras exposición quinto e sexto aos compañeiros e compañeiras
exposición quinto e sexto aos compañeiros e compañeiras exposición de quinto e sexto aos compañeiros e compañeiras
exposición de quinto e sexto aos compañeiros e compañeiras exposición de quinto e sexto aos compañeiros e compañeiras

Un saúdo.

 

Liatantoscontos

Exposición de refráns e adiviñas PDI "Arredor dos muíños"

Aquí tendes unha mostra dos refráns e adiviñas recollidas polo alumnado de 3º e 4º.

refráns e adiviñas refráns e adiviñas
refráns e adiviñas refráns e adiviñas
refráns e adiviñas refráns e adiviñas

 

 

 

 

 

Vídeo Letras Galegas, "Arredor dos muíños"

Aquí vos deixo o enlace ao video elaborado con motivo das Letras Galegas 2015, relacionado co noso PDI "Arredor dos muíños".

 

 

 

Saúdos.

Liatantoscontos

RECOMENDACIÓNS LECTORAS VERÁN 2015

Aquí vos deixo as recomendacións lectoras para o verán.

A guía está feita en colaboración cos centros PLAMBE do Concello da Estrada: Ceip Plurilingüe de Oca, Ceip do Foxo, Ceip de Figueiroa e Ceip Cabada Vázquez.

Preme aquí ou no arquivo adxunto.

 

Un saúdo e bo verán!

debuxo da mascota liatantoscontos

Liatantoscontos

AdxuntoTamaño
Lendonoverán2015 (2).pdf1.1 MB

PREZI 5º e 6º PDI

 

Traballos realizados polos rapaces e rapazas de 5º e 6º dentro do PDI "Arredor dos muíños".

Podedes ver:

A MALLA E A ESFOLLA

TIPOLOXÍA DOS MUÍÑOS DE RÍO

OS CEREAIS

A ELABORACIÓN DO PAN

 

Espero que aprendades moito.

 

Liatantoscontosimaxe de liatantoscontos a mascota da biblioteca

 

OS MUÍÑOS

Traballo sobre as partes dos muíños realizado polos nenos e nenas de 3º e 4º de primaria.

 

 

AdxuntoTamaño
traballo muíños.flv55.56 MB

MALETAS VIAXEIRAS 2014/2015

A Asesoría de bibliotecas escolares pon a disposición dos centros unhas maletas viaxeiras co fin de achegar, ao profesorado que as solicite, uns materiais que sirvan para reforzar e apoiar as súas propias iniciativas de formación no ámbito do fomento da lectura, e outras actividades destinadas ao alumnado.

Este curso recibimos por primeira vez as MALETAS VIAXEIRAS.

Dende hoxe ata o día 15 de xuño temos no cole dúas maletas moi interesantes, premendo nos seguintes enlaces podedes ver os títulos que inclúe cada unha das maletas:

 

MATEMÁTICAS PRIMARIA B

e

BANDA DESEÑADA PRIMARIA B

 

Un saúdo e a desfrutar.

 

LiatantoscontosDebuxo da araña liatantoscontos, a nosa mascota

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet