NOVOS USUARIOS

Ola a tod@s

Hoxe foi un gran día para LÍATANTOSCONTOS.Os nenos de 5 anos do cole ,aínda non viñeran á biblioteca para levar libros emprestados , pero hoxe tiveron unha sesión de biblioteca para coñecer o seu funcionamento e o uso dos carnets,cales son os libros máis axeitados para eles.....Grazas á sua profe Ana,fixeron uns marcadores coa súa foto  e a súa pegada ( para colocar nos andeis ) cando collen algún libro no tempo de lecer.Todos e todas estaban entusiasmad@s.

Ímosvos amosar unha pequena mostra do seu paso pola nosa biblioteca.

 

 

 

 

 

 

Dia das Bibliotecas

Ola nenas e nenos, Líatantoscontos recórdavos que de cara á celebración do Día das Bibliotecas,está en marcha o concurso de marcapáxinas ;

A BIBLIOTECA É........

Todos os traballos presentados serán expostos na entrada da nosa Biblioteca , co que resulte gañador ,faremos un marcapáxinas para os nenos e nenas do cole.

ÁNIMO e presentade cantos máis traballos ,mellor.

Samaín

 

Ola  a tod@s,como se acerca o Samaín,a profe Bea,leva a traballar arreo para relacionalo co noso proxecto sobre as mulleres.De este xeito , ocurríuselle traballar "MALAS DOS CONTOS", por iso estase a decorar a entrada do cole con "MALAS ...MALÍSIMAS" e nese espacio fíxose unha selección de libros relacionados co Samaín e co Magosto.

O pasado venres ,durante o recreo,e aproveitando que o tempo non axudaba para saír ao patio , os máis pequenos disfrutaron da selección de libros e aquí podedes comprobar o moito que disfrutaron.

 

 

 

 

Mochila viaxeira

                                                                                                       

 

Esta semana comeza a aventura desta mochila viaxeira polas casas dos nenos e nenas de 3 e 4 anos. Dende a biblioteca esperamos que vos guste o seu contido e recordámosvos o importante que é coidar estes materiais para que todos poidamos exploralos nos nosos fogares.

 

Un saúdo!

 

Mochilas

 

Ola a tod@s,dende a biblioteca ,querémosvos informar que as novas mochilas viaxeiras están funcionando.Xa sabedes que son para compartir coas vosas familias e despois ,se queredes podedes adxuntar fotos ,contarnos as vosas experiencias co contido delas,que foi o que máis ou o que menos vos gustou.....

 

Cada titor preparou a mochila cos contidos que mellor lle pareceron pensando sempre en vós,e no que máis vos gusta ler ,ver ou escoitar.

Aquí vos deixamos unha foto de unha das mochilas.

 

 

Este ano , preparamos un espazo na entrada do cole,donde calquera persoa pode desfrutar de libros e revistas que están a disposición de tod@s na Biblioteca.De feito,moit@s alumn@s disfrutan de ese espacio durante o recreo ,ou antes de marchar para a casa,etc.

 

Benvid@ 2016/2017

Ola todas e todos,dende a biblioteca do noso cole queremos darvos a benvida ao novo curso e amosarvos a gran festa que fixemos con motivo do inicio do curso.

Primeiro fomos ás clases para coñecer e saudar aos profesores e aos novos compañeiros.

A continuación ,e mentres os máis pequenos disfrutaban dunha animación a cargo de Cristina Collazo, os demáis participamos por equipos en xogos tradicionais(algo que nos encanta).

Despois foi o turno dos xogos para os peques e nós fomos á biblioteca para a sesión de Cristina ,quen conseguíu que a nosa imaxinación voase ,que a nosa timidez non existise por un anaco e que rísemos e disfrutáramos durante todo o tempo que nos acompañou.

Ao final da mañán tivemos unha sesión de karaoke ,coa que nos divertimos cantando e bailando os temas musicais máis actuais.

 

Ímosvos amosar algunhas fotos que dan conta do magnífico comenzo de curso.

 

      A ENTRADA DO COLE ESTABA PRESIDIDA POR UNHA GRAN MULLER.

                                                      

 

 

 

 

 

             FIXÁDEVOS A ATENCIÓN QUE ESTAMOS PRESTANDO!

 

 

   AOS MÁIS PEQUENOS,TAMÉN LLE GUSTABA,VERDAD?

 

 

 

 

 

EXCURSIÓN FIN DE CURSO

PARA FINALIZAR O CURSO QUE MELLOR QUE UNHA EXCURSIÓN A " O ENREDO DO ABELLEIRO",ONDE NOS RESOLVERON

 

AS DÚBIDAS QUE NOS PUIDERON QUEDAR DESPOIS DE REMATAR CO PROXECTO  ALOUMIÑOS DE MEL. 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 
   

ALOUMIÑOS DE MEL

Aquí está o percorrido polo proxecto do mel dos alumnos ,as de 3º e 4º

 

             

        

 

                     

 

 

 
   

RECOMENDACIÓNS LECTORAS VERÁN 2016

Aquí vos deixo as recomendacións lectoras para o verán.

A guía está feita en colaboración cos centros PLAMBE do Concello da Estrada: Ceip Plurilingüe de Oca, Ceip do Foxo, Ceip de Figueiroa e Ceip Cabada Vázquez.

Preme aquí ou no arquivo adxunto.

 

Un saúdo e bo verán!

Liatantoscontos

 

AdxuntoTamaño
RECOMENDACIONS_LECTORAS_VERAN_2016.pdf922.63 KB

Powered by Drupal - Design by artinet