Os xenerais da Ulla en Codeseda

 

Eiquí vos deixamos as presentacións que os Xenerais da Ulla fixeron das actuacións do noso alumnado  na xornada do pasado venres 9 de febreiro para celebrar o entroido no noso cole.  Nin que decir ten que por causa do mal tempo non puidemos facer o desfile ata o centro do pobo como era costume en anos anteriores, porén fixemos unha inauguración forzada da nosa nova aula de usos múltiples.  A dicir verdade esa nova dependencia aínda non ten nome, pero para esa xornada foi moi proveitosa.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

AdxuntoTamaño
video recortado 1º e 2º.flv3.31 MB
3º nivel.flv6.14 MB
4º.flv5.53 MB
5º e 6º.flv6.13 MB
Final.flv28.97 MB

DÍA DE ROSALÍA

Para conmemorar o Día de Rosalía, os nenos e nenas fixeron distintas actividades.

Os nenos e nenas de infantil colorearon unha silueta de Rosalía a modo de mariquita e recitaron un poema .

Os nenos e nenas de 1º e 2º recitaron poemas de Rosalía.

Os de 3º e 4º investigaron sobre a vida da escritora para logo facer un mural e amosárllelo a todos os nenos e nenas do cole. Tamén recitaron poemas.

Os de 5º 6º traballaron "Rosalía en pop art".E dúas alumnas de 6º musicaron "NEGRA SOMBRA".

 

 

 

 

 

                                                         

Día da Paz

O 30 de xaneiro no Ceip Cabada Vázquez celebramos o día disfrutando da representación dun conto a cargo dos alumnos e alumnas de 3º.Aquí algunhas imaxes do momento

 

 

 

 

  

Tamén fixemos unha exposición de libros relacionads con tal data.

 

 

Para rematar,a profe de música preparou cos nenos e nenas unha canción coa que disfrutamos todos e todas.

 

Nas diferentes titorías lemos e escoitamos o libro O HOMIÑO DE PAPEL ,e decoramos homes de papel con corazóns,palabras  e frases fermosas.

Disfrutamos todos e todas dunha xornada que non podemos celebrar tan só un día senon todos os días do ano.

DISFRUTAMOS NA BIBLIOTECA

Presentámosvos a Rosalía e a Sole,de 6º curso,novas colaboradoras da Biblioteca.

 

A os nenos e nenas do cole ,encántalle ir á Biblioteca,non só a disfrutar dos libros,senon tamén para xogar ao xadrez,ao parchís,facer puzzles,...

RECOMENDACIÓNS LECTORAS

AQUÍ VOS DEIXAMOS AS RECOMENDACIÓNS LECTORAS DE TODOS OS CENTROS DE A ESTRADA,ESPERAMOS QUE APROVEITEDES NESTE TEMPO

DE NADAL PARA LER MOITO.

BOAS FESTAS .

 

CASTRO LANDÍN

 O martes 28 de novembro tivemos a sorte de visitar Castro Landín,magnífica visita para profundar no noso proxecto "COIDANDO DO NOSO"Moitas grazas aos nosos guías pola súas magníficas explicacións.

 

 

 

 
   
   
   
   

SOMOS CIENTÍFICOS

 

 Estes días estamos a facer experimentos e amosámosllos aos compañeiros.Aquí vos deixamos unha mostra de Manuel de 3º ensinándolle a súa

experiencia aos compañeiros .

Iremos subindo as fotos dos outros CIENTÍFICOS e CIENTÍFICAS.

 
   

25 DE NOVEMBRO

No Ceip Cabada Vázquez queremos que todos os días sexan 25 de novembro e ao longo de toda a semana levamos a cabo actividades distintas nas titorías. Entre todos adornamos un mural co lema "NINGUNHA FLOR NUN PUÑO MEDRARÁ". Vimos diferentes curtametraxes relacionadas co tema e tamén expuxéronse diferentes contos que aludían á temática.

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet