Febreiro 2020

DÍA MUNDIAL DA RADIO

CELEBRAMOS O DÍA MUNDIAL DA RADIO

 

 Para celebrar o Día Mundial da Radio convidamos  a Dna. Emérita Rivas, mestra xubilada que estivo durante moitos anos vinculada ao centro, para que nos contase experiencias e recordos persoais relacionados coa radio.  Contamos tamén, con música en directo, e foi alumnado do centro como Saínza, Carla cos seus clarinetes, e Germán coa súa flauta traveseira os que nos acompañaron ao comezo e ao remate do programa. Acompañaron á nosa convidada Brais (2º), Danna (3º) e Manuel (5º) para que as súas preguntas servisen para coñecer a importancia da radio na vida de Dna. Emérita.

Foi unha sesión de radio diferente e sobre pretendiase que o alumnado das diferentes etapas e niveis tivese hoxe un protagonismo especial,  deixándonos tamén eles as súas vivencias e impresións. 

Esperemos que vos guste!

DÍA DA LECTURA EN VOZ ALTA

1 DE FEBREIRO CONMEMÓRASE " O DÍA DA LECTURA EN VOZ ALTA", no CEIP CABADA VÁZQUEZ, QUIXEMOS CELEBRALO COA LECTURA VOLUNTARIA E, EN VOZ ALTA , A CARGO DE TODO O ALUMNADO.

   

 

 

30 de XANEIRO: DÍA DA PAZ

O xoves 30, conmemoramos o Día da Paz cun obradoiro a cargo de Anxo Fariña, escritor e ilustrador. Tivemos a oportunidade de ver algúns dos seus segredos, á hora de ilustrar os seus marabillosos traballos e trasmiteunos que para conseguir un obxectivo é necesario ter perseverancia, crer nun mesmo, e non tirar a toalla nunca.

Aprendemos, pintamos e divertímonos moito.

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet