Outubro 2019

DÍA DA BIBLIOTECA

PARA CELEBRAR O DÍA DA BIBLIOTECA NADA MELLOR QUE UNHA GINKANA POR EQUIPOS POR TODO O COLE , ONDE TIÑAMOS QUE CONSEGUIR PISTA TRAS PISTA, IR COMPOÑENDO UNHA MENSAXE QUE LOGO TIÑAMOS QUE DESCIFRAR.

   

 

 

 

MOCHILA VIAXEIRA 6º

Hoxe 24 de outubro, Día da Biblioteca, comenzan a súa andaina as mochilas.

Premendo neste arquivo podedes ver a de 6º.

MOCHILA VIAXEIRA INFANTIL B.

O xoves 24, DÍA DA BIBLIOTECA, entre outras actividades inician a súa andaina as MOCHILAS VIAXEIRAS deste curso.

 

Premendo AQUÍ ou no arquivo adxunto podedes consultar o contido da mochila da aula de infantil B, a modo de exemplo.

 

Un saúdo.

 

Liatantoscontos

O día das Escritoras no noso cole

 

 

O xoves 17 de outubro visitounos Susana Sánchez Aríns, escritora estradense con grande capacidade comunicativa, para conmemorar o día das Escritoras. Foi moi ameno e aproveitamos a ocasión para non só aprender dos seus consellos e vivencias, senón que tamén a convidamos á nosa radio.

 

 

 

 

SAÍDA AO RÍO ULLA

PARA INICIAR O NOVO PROXECTO SOBRE O RÍO ULLA, NADA MELLOR QUE UNHA SAÍDA POR ESTE ENTORNO, COMPROBANDO O ESTADO DA AUGA, AS ESPECIES QUE ALÍ SE ATOPAN, E UNHA MAGNÍFICA EXPLICACIÓN SOBRE A VIDA DE ALGÚNS PEIXES, ASÍ COMO OS DISTINTOS INSTRUMENTOS QUE OS AXENTES USAN PARA PODER FACER UN EXHAUSTIVO SEGUIMENTO POLOS SEUS PERCORRIDOS.

 

INICIAMOS O CURSO

O novo curso comenzámolo con moitas ganas de traballar, por iso o primeiro que fixemos foi limpar os bancais, tarfa a cargo dos maiores para que logo os de 1º e 2º plantaran aromaticas. Desfrutamos tanto ou máis que nun día de festa.

     
     
     

Powered by Drupal - Design by artinet