Marzo 2018

RADIO CODESEDA

 

 Este ano tivemos a sorte de contar co profe Alberto facendo as prácticas,tivo a gran idea de facer un programa

de radio cos alumnos de 4º de Primaria.Aquí podedes ver o resultado.

 

CAMIÑO DE SANTIAGO: Grupo constituído por Carlota, Adrián e Aaron.

 

 

 

 

A Igrexa de Codeseda: Marco, Rodrigo e Noemi.

 

A capela da Grela: Carla, Anxo e Junior

 

A carballeira da Feira: Xiana, Pablo e Xoán.

DÍA DA MULLER

O 8 DE MARZO CELEBRAMOS O DÍA DA MULLER FACÉNDOLLE UNHA HOMENAXE A

MULLERES DESTACADAS DA NOSA LOCALIDADE.(A ASOCIACIÓN AVELINA VALLADARES

SOLICITOU A NOSA COLABORACIÓN PARA A DECORACIÓN DUN CARBALLO QUE LOGO

FOI EXPOSTO ,XUNTO COS DOS DEMÁIS CENTROS).

 

 

TAMÉN FIXEMOS UNHA FOTO TODO O CENTRO CUNHA PANCARTA ALUSIVA A TAL

CELEBRACIÓN.

"NON SOMOS NIN + NIN -

SOMOS MULLERES

POR UNHA IGUALDADE REAL XA!"

 

Os xenerais da Ulla en Codeseda

 

Eiquí vos deixamos as presentacións que os Xenerais da Ulla fixeron das actuacións do noso alumnado  na xornada do pasado venres 9 de febreiro para celebrar o entroido no noso cole.  Nin que decir ten que por causa do mal tempo non puidemos facer o desfile ata o centro do pobo como era costume en anos anteriores, porén fixemos unha inauguración forzada da nosa nova aula de usos múltiples.  A dicir verdade esa nova dependencia aínda non ten nome, pero para esa xornada foi moi proveitosa.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

DÍA DE ROSALÍA

Para conmemorar o Día de Rosalía, os nenos e nenas fixeron distintas actividades.

Os nenos e nenas de infantil colorearon unha silueta de Rosalía a modo de mariquita e recitaron un poema .

Os nenos e nenas de 1º e 2º recitaron poemas de Rosalía.

Os de 3º e 4º investigaron sobre a vida da escritora para logo facer un mural e amosárllelo a todos os nenos e nenas do cole. Tamén recitaron poemas.

Os de 5º 6º traballaron "Rosalía en pop art".E dúas alumnas de 6º musicaron "NEGRA SOMBRA".

 

 

 

 

 

                                                         

Powered by Drupal - Design by artinet