ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR
Enviado por admin o Lun, 28/10/2024 - 17:00CONVOCATORIA SECTOR FAMILIAS
De acordo coa RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG 18-09-2024), a XUNTA ELECTORAL deste Centro, en virtude das atribucións que lle son conferidas pola lexislación vixente, dispón a convocatoria de eleccións ao Consello Escolar, SECTOR DE PAIS E NAIS DO ALUMNADO, segundo as seguintes normas:
1. De acordo co disposto no artigo 41 do Decreto 374/1996, do 17 de outubro (DOG do 21), redactado conforme ao establecido na disposición adicional terceira do Decreto 7/1999, do 7 de xaneiro (DOG do 26), corresponde elixir no presente proceso electoral a 2 pais/nais, dun total de 5 que debe ter o Consello Escolar.
2. Son electores todos os pais e nais ou, se é o caso, os titores legais do alumnado matriculado no centro e incluídos no censo correspondente que entre o 28 de outubro e 8 de novembro estará na secretaría do centro a disposición de todos os que o queiran comprobar. As reclamacións ao referido censo realizaranse mediante escrito razoado dirixido á Xunta Electoral, ata as 14:00 horas do día 8 de novembro.
3. Son elixibles os pais e nais ou, se é o caso, os titores legais, que formulen a súa candidatura oficial segundo o modelo que se facilitará na Secretaría do centro. As candidaturas poderán ser presentadas entre o 5 e o 11 de novembro ás 14:00 horas.
4. O sorteo dos membros da mesa electoral realizarase en acto público, entre os pais que non se presenten como candidatos, o día 11 de novembro, ás 13:30 horas. Dita mesa electoral estará composta pola Dirección do Centro, que exercerá a presidencia, e catro pais/nais ou titores legais, actuando de secretario o de menor idade.
5. As votacións realizaranse neste Centro Público o martes19 de novembro, de 9:00 a 11:30 horas. A mesa electoral será constituída o mesmo día, en acto público, ás 8:45 horas.
5. Na papeleta de votación cada elector fará constar un nome (ao ser dous os membros electos) nunha papeleta que se depositará na urna disposta ó efecto, perante a mesa electoral, debendo acreditar a súa personalidade a hora de votar, mediante exhibición do DNI ou documento similar. O voto será directo, segredo e non delegable e non se admitirá o voto por correo.
6. Finalizada a votación procederase ao escrutinio dos votos, que será público, e unha vez realizado, levantarase acta para ao seu envío á Xunta Electoral do Centro.
7. A Xunta Electoral do Centro resolverá as dúbidas e reclamacións que se poidan formular.
MADRUGADORES
O servizo de MADRUGADORES dará comenzo o 12 de setembro no horario habitual.
Toda a información necesaria para inscribirse está no arquivo adxunto.
RECOLLIDA DE VALES DE FONDO LIBROS PARA O CURSO 24/25
Enviado por admin o Sáb, 31/08/2024 - 12:20O horario de recollida no centro de vales de libros e material escolar para o curso 24/25 será o seguinte:
MÉRCORES 4, XOVES 5 E VENRES 6 DE SETEMBRO DE 2024 ENTRE AS 10:00 E AS 13:00 HORAS.
IMPORTANTE: Soamente poderán recoller os vales as persoas solicitantes, debendo acreditar a súa identidade co correspondente documento (DNI/NIE/PASAPORTE).
LISTAXE DE LIBROS DE TEXTO. CURSO 24-25
Enviado por admin o Xov, 11/07/2024 - 14:35No arquivo adxunto podedes atopar a listaxe de libros de texto para o vindeiro curso 2024/2025.
REVISTA ESCOLAR DO CURSO 23/24
Enviado por admin o Mér, 19/06/2024 - 21:39Un ano mais deixámosvos aquí a nosa revista XUNTOS SOMOS QUIROGA coa que compartimos parte do noso traballo ao longo deste curso.
Podedes descargala no arquivo adxunto.
FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR. CURSO 24/25
Enviado por admin o Lun, 20/05/2024 - 21:43ORDE do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/2025 (código de procedemento ED330B).
• A quen vai dirixida?
- Fondo solidario de libros de texto a 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria. (O alumnado que curse 5º e 6º de educación primaria no curso 2024/25 estará inmerso no proxecto educación dixital (E-DIXGAL) e, polo tanto, está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto)
- Axudas para adquirir libros de texto a 1º e 2º de Educación Primaria.
- Axudas para adquirir material escolar destinadas ao alumnado matriculado en Educación Primaria.
• Cal é o prazo para presentar as solicitudes?
Dende o 21 de maio ata o 21 de xuño, ambos incluídos.
• Onde se presentan as solicitudes?
Poderanse presentar as solicitudes presencialmente no centro. A solicitude será única para todos os fillos ou fillas.
Por vía electrónica no formulario normalizado (anexo I e II) dispoñible na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal. Neste caso, será necesario a presentación dunha solicitude por alumno ou alumna.
• Que documentación debedes presentar para tramitar o procedemento?
- Solicitude (Anexo I) e o Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar). Podedes descargar os documentos dende aquí ANEXO I e II.
- Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar.
-En caso de separación ou divorcio, deberán achegar ademais a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor. Excepcionalmente, poderase acreditar o número de membros computables utilizando algún dos seguintes medios: 1º. Certificado ou volante de convivencia. 2º. Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.
- Certificado do grao de discapacidade do/da alumno/a ou de calquera membro da familia recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.
- Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.
- Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.
- Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou do certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.
- Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor o titores carezan de DNI e NIE.
• Devolución dos libros de texto do curso 2023/24
O alumnado deberá entregar ás titoras os libros de texto do curso actual entre o mércores 19 e o xoves 20 de xuño de 2024.
• Outras datas de interese:
-Publicación da listaxe provisional de solicitudes admitidas e excluídas: 2 de xullo de 2024
-Período de reclamación: 3 e 4 de xullo de 2024
-Publicación da listaxe definitiva de solicitudes admitidas e excluídas: 5 de xullo de 2023
-Recollida dos vales para adquirir libros de textos en 1º e 2º EP e recollida de vales para adquirir material escolar ao alumnado de educación primaria: os días 8 e 9 de xullo de 2024.
RELACIÓN DE VACANTES OFERTADAS PARA O CURSO 2024-2025
Enviado por admin o Xov, 29/02/2024 - 09:19RELACIÓN DE VACANTES OFERTADAS PARA O CURSO 2024-2025
Das 14 vacantes ofertadas en 4º de Infantil 2 resérvanse para alumnado NEAE
Documentación que se debe achegar(do 1 ao 20 de marzo):
1. Solicitude segundo modelo oficial, formulario ED550B https:www.edu.xunta.gal/admisionalumnado
2. Documento que acredite a idade do alumnado solicitante: fotocopia da folla do libro de familia onde está inscrito ou fotocopia do DNI (imprescindible presentar o orixinal para cotexo).
3. Se é o caso, documentación xustificativa da solicitude dunha praza para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.
4. Documento acreditativo de estar en disposición dos requisitos académicos esixidos en cada nivel educativo (certificado de estudos).
5. Fotocopia do DNI dos proxenitores ou representantes legais.
6. Convenio regulador/resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio dos proxenitores ou titores legais, de ser o caso.
O criterio de admisión complementario establecido polo centro é:
Outorgarase 1 punto a todas aquelas solicitudes que escollan só centros públicos.
PROCESO DE ADMISIÓN E MATRÍCULA PARA O CURSO 2024-2025
Enviado por admin o Mar, 20/02/2024 - 20:12CONSULTA AQUÍ TODA A INFORAMCIÓN RELATIVA AO PROCESO DE ADMISIÓN E MATRÍCULA PARA O CURSO 2024-2025
INFORMACIÓN PÚBLICA SOBRE O PROCESO DE ADMISIÓN DE
ALUMNADO PARA O CURSO 2024/2025
CENTRO DE ADSCRICIÓN: IES XOAN MONTES
CALENDARIO DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN E MATRÍCULA
PARA O CURSO ESCOLAR 2024/2025
1ª FASE: SOLICITUDE DE RESERVA
(exclusivo para o alumnado procedente dos centros adscritos)
-
Solicitude de reserva de praza no centro de adscrición mediante a presentación do Anexo I e Anexo I-bis (modelo ED550A) no centro de orixe: 15 de xaneiro - 5 de febreiro, ambos os dous incluídos.
-
Publicación de postos escolares vacantes: antes do 1 de marzo.
2ª FASE: SOLICITUDE DE ADMISIÓN
(para alumnado procedente doutros centros distintos dos adscritos. Tamén para alumnado procedente dos centros adscritos que non solicitaran a reserva.
-
Solicitude de admisión mediante a presentación do Anexo II e Anexo II-bis (modelo ED550B) no centro solicitado no primeiro lugar de preferencia: 1-20 de marzo.
-
Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo (só no caso de houber maior número de solicitudes que de prazas ofertadas): 21 de marzo ao 5 abril, ambos os dous incluídos.
-
Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas: o 25 de abril.
-
Reclamacións ás listaxes provisionais: nos 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación.
-
Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: o 15 de maio.
-
Adxudicación subsidiaria de praza noutro centro ao alumnado non admitido (por parte da comisión de escolarización, tendo en conta os centros solicitados no modelo ED550B no 2º lugar e seguintes).
3ª FASE: MATRÍCULA
-
Formalización da matrícula en E. Infantil e Primaria: 20 de xuño –01 de xullo.
-
Formalización da matrícula en ESO e bacharelato: 23 de xuño-08 de xullo.
1ª FASE: SOLICITUDES DE RESERVA NO CENTRO DE ADSCRICIÓN (15 xaneiro-5 de febreiro)
-
Os pais, nais e/ou titores legais que desexen solicitar a reserva de posto escolar no seu centro de adscrición, deberán presentar solicitude de reserva de posto escolar utilizando o Anexo I e Anexo I-bis (modelo ED550A).
-
Poderán presentar a antedita solicitude dun dos seguintes xeitos:
-
Entregándoa no centro de orixe do alumnado (centro no que está actualmente escolarizado).
-
Entregándoa a través da sede electrónica da Xunta de Galicia a través da aplicación web “admisionalumnado”: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado
-
A reserva adquirirá carácter vinculante polo que, se a/o alumna/o resultase admitida/o, deberá formalizar a matrícula en tempo e forma no centro de adscrición.
-
A presentación desta solicitude de reserva será incompatible coa presentación de solicitude de admisión noutro centro(salvo renuncia expresa e por escrito presentada no centro de adscrición até o día 28 de febreiro de 2024).
-
A presentación de solicitude de admisión noutro centro estando vinculado por reserva terá os efectos de perda da prioridade.
2ª FASE: SOLICITUDES DE ADMISIÓN EN CENTROS NON ADSCRITOS (1-20 de marzo)
-
Os pais, nais e/ou titores legais que desexen solicitar praza nun centro distinto ao de adscrición, deberán presentar solicitude de admisión utilizando o Anexo II e Anexo II-bis (modelo ED550B).
-
Cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude de admisión. Na solicitude poderá indicar ata seis centros na orde de prioridade que desexe. Deberá presentala no centro no que solicite praza en primeiro lugar de preferencia. A infracción desta norma (é dicir, a presentación de solicitudes en máis dun centro, ou a presentación de solicitude de admisión tendo presentada solicitude de reserva para o centro de adscrición) determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.
-
Alumnado que ten garantía de permanencia neste centro educativo, porque xa está cursando estudos nel durante o presente ano:
No caso de presentar solicitude de admisión (Anexo II e e Anexo II-bis) noutro centro distinto, deberá comunicalo, ao mesmo tempo, neste centro. O alumnado con garantía de permanencia perderá esta cando resulte admitido con carácter definitivo noutro centro.
-
Alumnado dos centros adscritos que ten reservada a súa praza neste centro educativo, por teren presentado o Anexo I en febreiro e terse aceptado a súa solicitude:
No caso de que desexe presentar solicitude de admisión (Anexo II e Anexo II-bis) noutro centro distinto, deberá comunicar previamente e por escrito a este centro educativo a renuncia á súa reserva, até o 28 de febreiro.
-
As solicitudes de admisión, dirixidas á dirección dos centros públicos e á titularidade dos centros privados presentaranse mediante un formulario normalizado. Este formulario estará dispoñible para as familias e poderase entregar nos seguintes lugares :
-
Recollendo o formulario Anexo II e Anexo II-bis (modelo ED550B) gratuitamente no centro educativo e entregándoo no centro solicitado en primeiro lugar.
-
Descargando a solicitude da Sede Electrónica da Xunta de Galicia, na dirección http://www.xunta.es/portada, e da páxina web da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, na dirección
https://www.edu.xunta.gal/portal/familiasealumnado/escolarizacioneadmision
e entregándoo no centro solicitado en primeiro lugar.
-
Entregándoa a través da sede electrónica da Xunta de Galicia a través da aplicación web “admisionalumnado”: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado
NORMATIVA REGULADORA
DECRETO 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. (DOG 11 de febreiro de 2022)
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220211/AnuncioG0598-040222-0004_gl.html
ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C). (DOG 8 de novembro de 2022)
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20221108/AnuncioG0655-281022-0001_gl.html
INSTRUCCIÓNS da Dirección Xeral de Centros e RRHH sobre o desenvolvemento do proceso de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso académico 2024-2025.
ÁREA DE INFLUENCIA DO CENTRO E ÁREAS LIMÍTROFES
Pódense consultar na secretaría do centro ou no buscador de centros da páxina edu.xunta.es
ENTROIDO 2024
Comeza o Entroido e o Meco está de volta no noso cole!! Estes son os seus mandados este ano. Animádevos a participar!!!