ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

CONVOCATORIA SECTOR FAMILIAS

De acordo coa RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG 18-09-2024), a XUNTA ELECTORAL deste Centro, en virtude das atribucións que lle son conferidas pola lexislación vixente, dispón a convocatoria de eleccións ao Consello Escolar, SECTOR DE PAIS E NAIS DO ALUMNADO, segundo as seguintes normas:

 

1. De acordo co disposto no artigo 41 do Decreto 374/1996, do 17 de outubro (DOG do 21), redactado conforme ao establecido na disposición adicional terceira do Decreto 7/1999, do 7 de xaneiro (DOG do 26), corresponde elixir no presente proceso electoral a 2 pais/nais, dun total de 5 que debe ter o Consello Escolar.

 

2. Son electores todos os pais e nais ou, se é o caso, os titores legais do alumnado matriculado no centro e incluídos no censo correspondente que entre o 28 de outubro e 8 de novembro estará na secretaría do centro a disposición de todos os que o queiran comprobar. As reclamacións ao referido censo realizaranse mediante escrito razoado dirixido á Xunta Electoral, ata as 14:00 horas do día 8 de novembro.

 

3. Son elixibles os pais e nais ou, se é o caso, os titores legais, que formulen a súa candidatura oficial segundo o modelo que se facilitará na Secretaría do centro. As candidaturas poderán ser presentadas entre o 5 e o 11 de novembro ás 14:00 horas.

 

4. O sorteo dos membros da mesa electoral realizarase en acto público, entre os pais que non se presenten como candidatos, o día 11 de novembro, ás 13:30 horas. Dita mesa electoral estará composta pola Dirección do Centro, que exercerá a presidencia, e catro pais/nais ou titores legais, actuando de secretario o de menor idade.

 

5. As votacións realizaranse neste Centro Público o martes19 de novembro, de 9:00 a 11:30 horas. A mesa electoral será constituída o mesmo día, en acto público, ás 8:45 horas.

5. Na papeleta de votación cada elector fará constar un nome (ao ser dous os membros electos) nunha papeleta que se depositará na urna disposta ó efecto, perante a mesa electoral, debendo acreditar a súa personalidade a hora de votar, mediante exhibición do DNI ou documento similar. O voto será directo, segredo e non delegable e non se admitirá o voto por correo.

6. Finalizada a votación procederase ao escrutinio dos votos, que será público, e unha vez realizado, levantarase acta para ao seu envío á Xunta Electoral do Centro.

 

7. A Xunta Electoral do Centro resolverá as dúbidas e reclamacións que se poidan formular.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer