FESTEXAMOS O DÍA DA PAZ

O luns 4 de febreiro xuntámonos, un ano máis, todo o centro para festexar o Día da Paz e Non Violencia!

Comezou o alumnado de 6º de Educación Primaria lendo o manifesto que prepararon previamente nas súas titorías.

A continuación, tendo presente o noso Proxecto Documental Integrado sobre o Horto, dous alumn@s de cada aula foron lendo o seu pareado da receita de cociña para a Paz. Non son as receitas as que estades acostumados, estas levan uns ingredientes moi especiais e que están ao alcance de tod@s.

Finalmente bailamos e interpretamos en linguaxe de signos, tod@s xunt@s, a canción "Madre Tierra"

Deixámosvos unha mostra do que compartimos ese día, non o perdades!

Podedes ver todas as fotos aquí.

 

ALBERT EINSTEIN: "A PAZ NON PODE MANTERSE POLA FORZA, SOAMENTE PODE ALCANZARSE POR MEDIO DO ENTENDEMENTO"

Para poder acceder ao noso recetario  pinchade na seguinte imaxe e viaxaredes ao blogue da Biblioteca.

Back to top