PARTICIPACIÓN NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

 

CONVOCATORIA DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS E AXUDAS PARA MATERIAL E LIBROS DE TEXTO PARA O ALUMNADO DE EDUCACIÓN PRIMARIA PARA O  CURSO 2022-2023

 

 

 

 

Publicouse no DOGA do 18 de maio a Orde do 29 de abril de 2022 que regula a participación no fondo solidario de libros de texto e a convocatoria de axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en Educación Primaria

Fondo solidario de libros:  Alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria

O alumnado matriculado nos centros e cursos incluídos no proxecto educación dixital (E-Dixgal) no curso 2022/23 está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Non obstante, terá dereito á axuda para adquirir material escolar, así como ás establecidas nas disposicións adicionais primeira e segunda, se reúne os requisitos establecidos nesta orde.

Axudas para adquirir libros de texto: Alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria

Axudas para adquirir material escolar: Alumnado de 1º a 6º de Educación Primaria

Prazo de presentación de solicitudes

- Do 19 de maio ata o 22 de xuño de 2022 ( incluídos) 

Solicitudes:

Presentación de solicitudes
1. Poderán presentar solicitudes os pais, nais, titores ou representantes legais do alumnado incluído no artigo 1.1. No caso de alumnado en situación de garda ou tutela da Xuntade Galicia, presentará a solicitude a persoa titular da dirección do centro de menores ou a persoa con quen conviva en acollemento familiar.
2. A solicitude será única para todos os fillos e, de ser o caso, tutelados que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2022/23; nela especificarase o nivel de estudos que espera realizar cada un deles no citado curso. Se estivesen admitidos en centros docentes distintos, presentarase unha solicitude en cada un dos centros, na cal se incluirán os admitidos nese centro para o curso 2022/23. No caso de que a solicitude se tramite por vía electrónica empregando a aplicación Fondolibros, será necesaria a presentación dunha solicitude por cada alumno/a.
Cando o alumnado, no momento de presentar a solicitude, aínda non estea admitido en ningún centro docente para o curso 2022/23, deberá presentala no centro en que estivese matriculado no curso 2021/22. Este centro rexistrará a solicitude de maneira que acredite a súa entrada en prazo e enviaraa ao centro de destino en que o alumno resulte admitido,
que será o encargado da súa gravación e tramitación.
En caso de presentación (por vía electrónica e/ou presencial) de máis dunha solicitude, a persoa solicitante deberá presentar ante o centro docente un escrito onde indique cal desexa que se tramite.
3. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal.

Tamén será obrigatoria a presentación do Anexo II escaneado correctamente cuberto e asinado por tódolos membros da unidade familiar.
Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes (entréganse aos titores/as)
Para presentar as solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
4. O formulario de solicitude (anexo I), xunto co anexo II tamén estará dispoñible:
a) No portal educativo, no enderezo http://www.edu.xunta.gal
b) Na sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal
5. A solicitude deberá estar asinada polo pai, nai, titor/a ou representante legal do alumnado, e a súa presentación implicará que acepta as bases da convocatoria, que cumpre os requisitos exixidos nela e que son certos os datos indicados na solicitude; así mesmo,que se compromete a conservar en bo estado e a devolver ao finalizar o curso os libros de texto e o material reutilizable recibidos do fondo solidario ou adquiridos coa axuda para libros de texto.

Poden acceder a toda información do procedemento a través de este enlace: http://www.edu.xunta.gal/portal/fondolibros

 

Documentación complementaria necesaria para tramitar o procedemento
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:
a) Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).
b) Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o alumno e os demais membros computables da unidade familiar.

En caso de separación ou divorcio, deberán achegar ademais a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.
Excepcionalmente, poderase acreditar o número de membros computables utilizando algún dos seguintes medios:
1º- Certificado ou volante de convivencia.
2º- Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.
Nos casos especiais, en que a composición da unidade familiar non se axuste ao sinalado no artigo 4.1 desta orde, achegarase un certificado ou volante de convivencia onde deberán figurar o/a alumno/a e todos os familiares que convivan con el/ela, ou un certificado dos servizos sociais do concello que acredite a situación familiar.
c) Certificado do grao de discapacidade do/da alumno/a ou de calquera membro da familia recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.
d) Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.
e) Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.
f) Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou do certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.
g) Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor ou titores carezan de DNI e NIE.
2. A documentación complementaria (que se xunte coa solicitude) presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente no centro docente ( entregarase xunto coa solicitude aos titores/as )
3. En todo caso, os documentos deberán ser válidos e eficaces no momento da súa presentación, e reflectir a situación persoal, familiar e económica en 31 de decembro de 2020,agás no caso de violencia de xénero, en que se aplicará o disposto na lexislación específica.
 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

CALENDARIO E PRAZOS DAS AXUDAS PARA

 

PARTICIPAR NO

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

 

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

 

COMÚN E ÚNICO PARA TODAS AS AXUDAS:

 

DO 19 DE MAIO AO 22 DE XUÑO

 

DEVOLUCIÓN DOS LIBROS DO CURSO 2021/2022

 

17 DE XUÑO, AGÁS 1º E 2º PRIMARIA

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

( ALUMNADO DE 3º, 4º, 5º E 6º )

PUBLICACIÓN LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS E EXCLUIDOS

1 DE XULLO DE 2022

RECLAMACIÓN LISTAXES PROVISIONAIS

DO 1 DE XULLO AO 5 DE XULLO DE 2022

PUBLICACIÓN LISTAXES DEFINITIVAS

6 DE XULLO DE 2022

ENTREGA DOS LIBROS AO ALUMNADO

AO COMEZO DE CURSO

 

 

AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO

(ALUMNADO 1º E 2º )

 

ENTREGA DE VALES

 

DO 6 AO 8 DE XULLO

 

 

AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR

(TODO O ALUMNADO DE EDUCACIÓN PRIMARIA)

 

ENTREGA DE VALES

 

DO 6 AO 8 DE XULLO

 

 

AVISO MOI IMPORTANTE:

 

 

AS FAMILIAS INTERESADAS EN PRESENTAR A SOLICITUDE

 

 

PRESENCIALMENTE NO CENTRO DEBERÁN  ENTREGARLLA AOS

 

TITORES/AS

 

 

 

 

 

 

 

Back to top