Colaboración con Bicos de papel

Este ano, no Día do Libro e a proposta do Equipo dinamizador da biblioteca, decidíuse no centro colaborar coa asociación Bicos de papel (https://bicosdepapel.org/)

Para tal axuda, o alumnado do colexio decorou uns marcapáxinas que logo as familias, de forma voluntaria, mercaron aportando a cantidade que estimaron conveniente.

Dende o centro agradecemos enormemente esta aportación, que foi entregada hoxe mesmo á Presidenta da asociación por parte da dirección do colexio.

Trasmitimos dende aquí o seu agradecemento a todo o alumnado e, por suposto, a todas as familias.

Podedes saber más sobre os marcapáxinas neste enlace: http://orecunchodexoan.blogspot.com.es/2018/04/marcapaxinas-solidarios.html

 

Back to top