FONDOLIBROS: adxudicacións

No arquivo adxunto está a adxudicación dos libros correspondentes ás solicitudes presentadas.

Importante a ter en conta:

  • As listaxes do alumnado están ordeadas por Curso e por orde alfabética.
  • O alumnado beneficiario ten especificado o número de libros que lle corresponden.
  • Soamente hai que mercar aqueles libros nos que se indica "MERCAR", están en cor azul.
  • O resto dos libros darallos o centro, están en cor negro.
  • Tamén nesa listaxe aparece o alumnado excluido.

 

Lembrade que o reparto de libros faino o programa de fondo libros, o centro non ten que ver na adxudicación dos mesmos.

Para calquera aclaración ou dúbida, dirixídevos ao correo do centro: ceip.balaidos@edu.xunta.es

 

Back to top