COMUNICADO URXENTE DO ANPA

in

O PRESENTE COMUNICADO FOI ENVIADO POR DIFUSIÓN CON DATA DO 29 DE SETEMBRO

 

Estimada familias.

En primeiro lugar queremos agradecervos a vosa paciencia coa situación xerada e sobre todo a vosa comprensión  hacia nós. De verdade que volo agradecemos, e por iso querémosvos  informar na maior brevidade posible da asemblea que no día de hoxe tivemos todas as Anpas, pertencentes a Foanpas.

Resumindo, cabe destacar quenol protocolo  Covid-19, redactado por Foanpas, e especialmente dirixido hacia Aula Matinal e Comedores obtivo a ratificación e aprobación das diferentes consellerías da Xunta validando tal documento e quedando soamente pendente de entrega á dirección do colexio para anexionalo ao seu propio protocolo.

En dito protocolo, ademais de recoller as medidas a tomar pola  Covid-19, exime de toda responsabilidade sanitaria ás Anpas, sempre que se respecte o descrito no mesmo. Como informamos con anterioridade, esta era unha liña vermella que non estabamos dispostos a cruzar.

Con toda a responsabilidade que corresponde, pero tendo claro, que os nos@s fill@s estarán o máis protexidos posible ante tal situación, tanto na Aula Matinal como no Comedor, complácenos informarvos que se abrirán na maior brevidade posible de tempo, e por fin así poder disfrutar dunha conciliación familiar.

Agora mesmo todas as Anpas adecuarán as instalacións a dito protocolo o máis axilmente posible e a intención é abrir os servizos mencionados todas ao unísono.

Por iso tamén vos solicitamos que nos confirmedes a asistencia tanto ao Comedor como á Aula Matinal d@s vos@s fill@s o antes posible xa que últimamente e debido a tal situación houbo algunhas baixas. Necesitamos sabelo porque de isto depende a negociación que teremos con Arume para realizar o servizo nas mellores condicións e fixar os prezos.

A confirmación a tal solicitude poderedes realizala de maneira excepcional e puntual ao teléfono de difusión, ademais de ao correo do Anpa.

Sn máis, decirvos que vos informaremos con máis detalles do funcionamento yehorarios dos servizos cando teñamos a data exacta de inicio.

Agradecervos novamente a comprensión e apoio amosado hacia esta Xunta directiva, e decirvos que o conseguido para o benestar d@s nos@s nen@s e a súa seguridade é grazas a vós.

Unha forte aperta.

ANPA BALAÍDOS

IMPORTANTE!!!

De NON CONFIRMARSE a plaza antes das 20 horas do día 1 de outubro, considerarase que se renuncia a dita plaza.

Medios de aviso:

- Teléfono de difusión (de xeito excepcional): 604029962

- Correo electrónico: AMPABALAIDOS@gmail.com

 

Back to top