XA ESTAMOS DE VOLTA!

in

B E N V I D O S     E      B E N V I D A S !

Como ben se sabe: TODO REMATA E TODO CHEGA. As vacacóns de verán remataron, e chegou o novo curso escolar 2010-2011 co seu "PRIMEIRO DÍA DE COLE".

As nenas e nenos volveron a pórse en ringleiras antes de entrar ao "seu colexio", uns con xesto ilusionado, outros coas bágoas nos ollos, pero todos e todas con cara de sono polo "madrugón", por térense que erguer tan cedo logo de tantos días de troula e gozo.

Se entre os nenos, a nota dominante era a ilusión do reencontro cos colegas. Entre mestres, anpa e pais/nais tamén facía presenza a desilusión de non ver realizadas e cumpridas as promesas da Consellería de Educación da Xunta de ampliar o comedor e facer as obras previstas para o patio escolar, logo de ter afirmado unha e outra vez en persoa e a través dos medios de comunicación vigueses que neste curso estariamos de estrea.

Ben, pero hoxe é día de ledicia e os protagonistas foron estes:

   
 
   
   
   Para ver todas as imaxes visita a GALERIA DE FOTOS  ou clicka AQUÍ

Back to top