MAXIA E CONTOS POLA IGUALDADE
O venres 7 de febreiro o alumnado do colexio participou en diferentes sesións sobre a Igualdade.
Os máis cativos descubriron historias de nenas e nenos (ou animais) que rompen os estereotipos que abundan nos contos; nenas decididas, nenos sensibles. Identificaremos situacións as que nos temos que enfrontar día a día, na escola, na casa, cos amigos, …onde a violencia ou a agresividade física e verbal pode ter solución grazas a palabra e gozaremos brincando coa imaxinación que nos une.
Os maiores asistiron a un espectáculo de maxia , no que os nenos participaron no traballo feito polas sufragistas, as trabas atopadas polas mulleres cando querían dedicarse as artes, o concepto do anxo do fogar e a “mad woman”.
Aquí vos deixamos unha mostra das sesións: