blogue deBlanco Rodríguez Rosa
HISTORIA DAS ESCOLAS DE BUEU
Enviado por Blanco Rodrígue... o Mar, 28/06/2022 - 21:32O día 8 de xuño visitounos o profe Arturo, un mestre que coñece moi ben a nosa escola pois nela ensinou a moitas xeracións de rapaces e rapazas de Bueu, para contarnos moitas cosas da escolas que había en Bueu antes de que fixeran o noso cole.
Reunímonos os tres grupos de 2º na aula polivalente e durante unha hora escoitamos con atención as historias, curiosidades e anécdotas que o Profe Arturo compartiu con todos nós, acompañando o seu relato con imaxes e fotos.
Contounos que había moitas escoliñas pequenas repartidas por Beluso, Cela e Bueu, que non tiñan cuarto de baño, nin calefacción, nin sequera libros, nin cousiñas para xogar... Había escolas de nenos e de nenas, mesmo aprendían cousas diferentes e o peor era que moitos nenos e nenas non podían ir a escola porque tiñan que traballar, pois os seus pais non eran ricos.
Tamén nos ensinou algún libro (enciclopedia Álvarez) e materiais como a pizarra e o pizarrín, a pluma e a tinta... Todo moi interesante!
Outra cousa que dixo Arturo foi que a sorte dos nenos e nenas de Bueu empezou a cambiar fai 50 anos condo se construíu e empezou a funcionar o colexio A Pedra pois todos os nenos e nenas de Bueu podían aprender,xogar e medrar xuntos.
Para terminar, invitounos a que gozaramos desta escola chea de recursos e espazos de saberes como o BIBLIOCASTELO
GRAZAS PROFE ARTURO, VEN A TÚA ESCOLA
SEMPRE QUE QUEIRAS!
ANTIGAS MESTRAS E MESTRE VISITAN A ESCOLA
Enviado por Blanco Rodrígue... o Mar, 17/05/2022 - 19:41
Con motivo do 50 aniversario, o día 4 de maio achegáronse á escola dúas mestras fantásticas, xa xubiladas, Elena e Mabel,que durantemoitos anos ensinaron a nenos e nenas do colexio A Pedra. Puxémonos en contacto con elas para que lle viñeran contar ao alumnado de segundo vivencias da escola de antes, de cando elas empezaron a ser mestras no noso colexio. Explicáronllecomo eran as aulas antes, como facían as fotocopias, que había clases pola mañá e pola tarde, que os nenos e nenas viñan camiñando a escola case todos… tamén lle relataron diferentes anécdotas, unha delas gustoulles moito.
A celebración dun día da Paz na escola
Contou Mabel que paracelebrar o día PAZ, crearon unha pomba con globos e dentro deles meteron mensaxes. Despois, reuníronse todos no patio da escola e conseguiron que a pomba saíra voando polo ceo de Bueu, emocionados aplaudiron o seu voo e confiaban que pronto terían noticias das persoas que recibirían as súasmensaxes, pero para sorpresa de todos, aínda hoxe non se sabe onde poido ir parar a pomba, nunca máis houbo noticias!
Esta anécdota suscitou debate. Aquí queda unha foto daquel día da PAZ no colexio A Pedra.
Outra das anécdotas que máis chamou a atención dos nenos e nenas, foi a que contou a mestra Elena. Despois de contar a súa experiencia na nosa escola, o alumnado tiña moita curiosidade por saber como eran as excursións que facía cos grupos de 5º e 6º, a lugares como Madrid ou Barcelona.
Ela explicoulles que nunha destas viaxes, o alumno máis tímido de todos entrou a comprar algunhas cousas nunha tenda, pero cando saíu xa non parecía a mesma persoa porque... estaba disfrazado de romano! Isto fíxolles moita gracia e chamou moito a atención dos cativos, tal como podedes ver nas fotografías.
Ao día seguinte, 5 de maio, visitounos Ginés, outro mestre estupendo que pasou os seus últimos anos de ensino no noso colexio.
Ginés explicounos que cando comezou a traballar como profesor, non quería que lle chamaran de DON, como era costume naquel tempo e tamén que realizaba actividades divertidas co alumnado e buscaba que ademais de aprender o pasaran ben. Isto, que agora parece normal, antes non o era tanto... e mesmo tiña compañeiros que non lle parecía ben o seu método!
Para demostrarnos o ben que o pasaba o seu alumnado, amosounos como lles ensinaba a ler cun método moi divertido en que cada letra era un obxecto o animal que facía ruídos ou onomatopeas. Ademais fixemos unha excursión "virtual" á praia, onde o alumnado gozou moitísimo.
Tamén practicamos a falar en murciano, pois Ginés naceu en Murcia e cando chegou a traballar a Galicia aprendeu a falar en galego, pero ao principio non lle entendían moi ben porque os murcianos comen os "eses" finais!!!
Grazas Mabel, Elena e Ginés, seguides sendo unhas grandes mestras e mestre!!!
POÑENDO A HORTA
Enviado por Blanco Rodrígue... o Dom, 08/05/2022 - 21:20Hai uns días a avoa dun alumno regalounos plantíos de xudías, cabazas e cabaciños e grazas a súa iniciativaPUXEMOS A HORTA na escola. Primeiro preparamos o terreo coa axuda de Martín e Ramón, despois fixemos os regos e transplantamos as verduras e, por último, regamos no pé planta por planta.
A horta quedou bonita, agora toca coidala e esperar a que medren as cousiñas.
PREMEDE NA IMAXE PARA VER FOTOS DA ACTIVIDADE.
XORNADA EN APÍPOLIS
Enviado por Blanco Rodrígue... o Dom, 01/05/2022 - 22:13DÍA DO LIBRO 2022
Enviado por Blanco Rodrígue... o Sáb, 23/04/2022 - 12:03Onte na escola tivemos un Contacontos moi especial, O AVÓ ANXO un gran contador de historias de antes de agora e de sempre. Nada máis que coa súa PALABRA tivo durante un bo anaco de tempo concentrados na historia contada a todo o alumnado de segundo. Daba gusto observalos!
Tamén contou cousiñas da súa vida, díxo que era o avó de Aldán dun neno de 1º da nosa escola, que naceu en Lugo, que foi profe nun instituto de Pontevedra e que agora, pasa moitas temporadas en Cela-Bueu e se dedica a escribir e contar historias, algunhas delas na televisión de Galicia.
Mesmo, houbo quenda de pregunta e invitou a que lle puxeran un título a historia que contou, participaron moitos nenos e nenas e sairon cousa interesantes e el díxolles: algún destes títulos poreillo a este conto cando o escriba no libro dedicado ao meu neto “CONTOS DO AVÓ ANXO PARA O NETO ALDÁN”
Para rematar, díxonos que buscaramos na web as súas historias e agasallou ao alumnado e as profes cunha tarxeta que traía escrito a mensaxe “FALADE MOITO GALEGO”
Podedes ver algunha foto. Foi unha boa maneira de celebrar o día do libro!
INVESTIGANDO AS BOLBORETAS
Enviado por Blanco Rodrígue... o Sáb, 23/04/2022 - 11:55As profes xa observamos, vimos e escoitamos con moita atención os vídeos do traballo de investigación sobre as BOLBORETAS que fíxestes. Valoramos moito o voso esforzo e aprendizaxe e creamos unha película conxunta que podedes ver premendo nas imaxes que hai a continuación. Agora, tócavos ver este traballo para darvos contas dos acertos e tamén dos erros que tivestes, coa única finalidade de MELLORAR E APRENDER.
DÍA DE ROSALÍA
Enviado por Blanco Rodrígue... o Mér, 23/02/2022 - 23:09Esta semana na escola, metidos xa no Entroido, o alumnado de 2º non descoidou a obriga e responsabilidade de SABER MÁIS de ROSALÍA. Para celebrar o seu día realizaron diversas e interesantes actividades:
- Aprenderon máis cousas de Rosalía resolvendo Genially na aula de informática.
- Debuxaron a caricatura de Rosalía que mesmo lle serviu para disfrazarse o día 23.
- Memorizaron o poema "Adiós Ríos, Adíós Fontes" e graváronno na radio “A VOZ DA PEDRA”.
- Aprenderon con L de Signos a primeira estrofa do poema.
- E, para rematar, o día 23 gozaron na biblioteca dun contaconto a cargo de TARABELOS. A historia que contou trataba da vida das persoas as que Rosalía lles dedicou os seus poemas. Comprenderon o importante que foi Rosalía como poeta, muller e persoa porque fai máis de 150 anos xa defendía nos seus escritos a igualdade entre o home e a muller e entre os pobres e ricos.
Gustoulles moito o contacontos e estiveron moi atentos, SORPRESA! Esta actividade terá unha segunda parte que pouco a pouco descubrirán…
Aquí gravando na radio.
Escoitade os podcasts "RECITANDO A ROSALÍA" gravado na radio "A voz da Pedra"
Premede nas imaxes para ver os vídeos "Recitando a Rosalía"2ºA
2ºB
2ºC
Nestas fotos podedes ver o atentos e interesados que estaban nas historias que relataba o contacontos TARABELOS, ademais do noso bonito disfraz de ROSALÍA.
RECICLA CON ENERXÍA CON PILABOT
Enviado por Blanco Rodrígue... o Sáb, 19/02/2022 - 21:02O martes día 15 de febreiro o alumnado de 2º A asistiu a unha charla informativa sobre a vida das pilas na sociedade actual dentro da campaña RECICLA CON PILABOT.
O alumnado atopou nesta charla respostas a preguntas tales como: Que é unha pila? Que aparellos usan pilas? Quen inventou a pila?, Como evolucionou ao longo do tempo?, De que materiais está formada unha pila? Cantos tipos de pilas hai? Contaminan as pilas? É moi importante reciclalas?
A charla estivo moi interesante e aportou información que alumnado demostrou con moita emoción e competitividade na resolución do Kahoot final.
Estamos moi contentos de participar na campaña: RECICLA CON ENERXÍA CON PILABOT. Se premes na imaxe podes ter máis información sobre esta campaña.
CONTACONTOS DO ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA
Enviado por Blanco Rodrígue... o Mar, 23/11/2021 - 00:38Hoxe día 22 de novembro o alumnado de 2º A tivo unha hora de ler moi especial xa que Paula, Martín, Martina, Violeta e Blanca, todos alumnos e alumnas de 6ºA e membros do equipo da biblioteca do centro, contaronlle o conto das FORMIGUIÑAS FILANDEIRAS de Victoria García no patio da escola. Os contacontos fixéronno moi ben, mesmo viñan vestidos para a ocasión e, os nenos e nenas de 2º estiveron moi atentos. Se premedes na imaxe podedes ver o contacontos.
REUNIÓN PRINCIPIO DE CURSO 2021/22
Enviado por Blanco Rodrígue... o Ven, 17/09/2021 - 11:59- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- seguinte ›
- última »