blogue deBlanco Rodríguez Rosa
ACTIVIDADES 1º DE PRIMARIA
Enviado por Blanco Rodrígue... o Lun, 16/03/2020 - 18:12Adxuntamos a esta entrada en dous PDF o traballo para o alumnado de 1º de primaria.
Coidádevos!
Un saúdo!
TRABALLO ESCOLAR PARA REALIZAR O ALUMNADO DE 2º DE PRIMARIA CEIP PLURILINGÜE A PEDRA
Enviado por Blanco Rodrígue... o Dom, 15/03/2020 - 21:38No arquivo adxunto que acompaña a esta entrada queda programado o traballo para o alumnado de 2º de primaria para realizar nesta primeira semana de corentena.
Ánimo e lembrade consultarnos todas as dúbidas que teñades
nos seguintes correos.
rosablanco@edu.xunta.es ou mvalbu@edu.xunta.es
Saúdos!
DESCUBRINDO A DIABETE
Enviado por Blanco Rodrígue... o Lun, 10/02/2020 - 18:50O venres día 7 de novembro o alumnado de 2º de primaria descubriu como era vivir coa enfermidade crónica: A diabete tipo 1.
Yolanda, a mamá da alumna Alba Hermelo Pousada de 2º A, contoulles que padecía a enfermidade dende os 18 anos e informounos de moitas cousas sobre a diabete: cales son os síntomas da enfermidade, do mal funcionamento do páncreas no corpo, da insulina e a medida dos niveis de azucre. Tamén lles ensinou os instrumentos que empregaba para ter a enfermidade controlada e onde se pinchaba a insulina. Ademais faloulles dos endocrinos que son os médicos especialistas encargados da diabete e das crises de hipoglucemia e hiperglucemia e díxolles que sempre levaba azucre no bolso por se había algún problema.
Logo, explicoulles como curiosidade que cando quixo ter a súa filla Alba o azucre no seu corpo debía estar moi ben controlado e decidiu pasar de pincharse a insulina a levar unha bomba colocada sempre no abdome para que lle fora administrando a insulina pouco a pouco, e así foi Yoli leva a bomba de insulina dende o 2010.
A continuación, mostroulles como medía o azucre e como colocaba a insulina dentro da bomba no seu propio corpo.
Por último, díxolles que convivir coa diabete é doado se vixías os controis de azucre, se fas exercicio e coidas a alimentación.
Unha charla moi interesante para o alumnado que estiveron moi atentos e participaron con diversas preguntas.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7