blogue deBlanco Rodríguez Rosa
MATERIAL ESCOLAR 1º DE PRIMARIA
Enviado por Blanco Rodrígue... o Mar, 08/09/2020 - 09:55Bos días!
Deixamos aquí o material de 1º de primaria.
As titoras!
ENCONTRO FINAL DE 2º DE PRIMARIA
Enviado por Blanco Rodrígue... o Mér, 10/06/2020 - 17:51Ola familias, rapaces e rapazas!
Déixovos nesta entrada un arquivo coa data e hora nas que nos vamos encontrar na aula para entregar e recoller cousas e tamén para desexarnos un bo verán.
Non confundades este encontro coa reunión de terceiro, intentamos que non vos coincidan datas nin horarios.
Rosa
TRABALLO PARA A TITORÍA DE 2º A SEMANA 8-12DE XUÑO
Enviado por Blanco Rodrígue... o Lun, 08/06/2020 - 08:28Ola familias, rapaces e rapazas!
Déixovos aquí o traballo correspondente a esta semana, xa son as últimas tarefas deste excepcional curso e as estades facendo moi ben. Ademais, infórmovos de que un día da semana do 15-19 de xuño viredes ao cole por grupiños pequenos para recoller as vosas cousas e poder vernos e despedirnos.
Unha aperta!
TRABALLO PARA A TITORÍA DE 2º A SEMANA 1-5 DE XUÑO
Enviado por Blanco Rodrígue... o Lun, 01/06/2020 - 08:57
Ola familias, rapaces e rapazas!
Déixovos aquí o traballo desta semana, é moi pouquiña cousa, sei que xa estades un pouco cansados e cansadas, pero queda só o último sprint de segundo así que collede moita forza na praia para facer as actividades desta semana.
Unha aperta!
TRABALLO PARA A TITORÍA DE 2º A SEMANA 25-29 DE MAIO
Enviado por Blanco Rodrígue... o Lun, 25/05/2020 - 09:09Ola familias, rapaces e rapazas!
Déixovos aquí o traballo desta semana, é un pouqiño menos, pero non quero que vos desanimedes senón que collades moita enerxía nesas saídas que facedes para logo realizar os traballos con alegría, sobre todo a lectura, non a descoidedes nunca.
Unha aperta!
TRABALLO PARA A TITORÍA DE 2º A, SEMANA 18-22 DE MAIO
Enviado por Blanco Rodrígue... o Dom, 17/05/2020 - 21:03Ola familias, rapaces e rapazas!
Aquí vos deixo o tarballo desta semana. Anímovos moito a seguir esforzándovos porque pouquiño a pouco xa estamos superando este virus que, de forma inoportuna e a destempo, nos sacou da escola.
Un biquiño!
O profesorado de 2º de primaria
VIAXANDO POLO MUNDO COA IMAXINACIÓN
Enviado por Blanco Rodrígue... o Sáb, 16/05/2020 - 19:24Estimadas familias, rapaces e rapazas!
Deixámosvos nesta entrada os vosos traballos das viaxes imaxinarias que realizastes polo mundo adiante. Gozade das vosas presentacións e tamén das dos vosos compañeiros e compañeiras.
Se premedes na imaxe de "VIAXANDO POLO MUNDO" veredes a presentación do alumnado de 2º A e se premedes na imaxe de "VIAXANDO DENDE A CASA" veredes a presentación do alumnado de 2ºB.
Unha aperta das vosas profes!
TRABALLO PARA A TITORÍA DE 2ºA SEMANA 11-15 DE MAIO
Enviado por Blanco Rodrígue... o Dom, 10/05/2020 - 22:45Ola familias, rapaces e rapazas!
Informámosvos de que esta semana é a das LETRAS GALEGAS, o vindeiro domingo é o 17 de maio. Para celebrarlo, propoñémosvos algunhas tarefas para homenaxear a RICARDO CARVALHO CALERO e coñecer un chisco da súa vida e da súa obra, mesmo tedes un xogo para realizar en familia e seguro que vos gusta!
Deixámosvos nesta entrada o traballo da titoría e o das especialidades e ademais unha biografía de CARVALHO CALERO para que a teñades de man e a leades. Non cómpre que a imprimades.
Moita ánimo! Xa estamos avanzando.
O profesorado de 2º A
TRABALLO PARA A TITORÍA DE 2º A SEMANA 4-8 DE MAIO
Enviado por Blanco Rodrígue... o Lun, 04/05/2020 - 00:52Bos días rapaces, rapazas e familias!
Outra semana máis nos seguimos comunicando por este medio, pero cada día estamos máis preto de gañar a batalla ao virus que nos ten na casa sen poder ir a escola. Esta maneira de traballar é moi diferente á do cole, así e todo, tedes que mantervos animados e motivados para realizar estas tarefas que vos propoñemos. Os profes estamos moi contentos de saber de vós e dos vosos avances. Un saúdo!
Este é o enlace para poder ver os vídeos que realizastes de ciencias, están xenial!
https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipapedra/?q=taxonomy/term/260
VÍDEOS DE INVESTIGACIÓN 2ºA E 2ºB
Enviado por Blanco Rodrígue... o Dom, 03/05/2020 - 17:18Rapaces, rapazas e familias desenvolvestes, en xeral, un gran labor de investigación e creación sobre plantas, medios de transporte, medios de comunicación e vivenda. As profes, con todas as vosas creacións, elaboramos uns vídeos conxuntos para que vexades e aprendades tanto dos vosos traballos como do dos vosos compañeiros e compañeiras. Gozade do voso esforzo!
PLANTAS 2ºB
PLANTAS 2ºA
MEDIOS DE COMUNICACIÓN
MEDIOS DE TRANSPORTE
OFICIOS
VIVENDA
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- seguinte ›
- última »