Debido a un problema de saúde da persoa relatora, vémonos na obriga de pospoñer a xornada de formación do 8 de abril destinada ás familias sobre "Mediación e resolución de conflitos”.
Aínda así, contamos con vós na sesión do día 3 de abril de 16:30h a 18:30h, na que falaremos sobre Disciplina Positiva.
Que mellor maneira de despedir estre trimestre que cunha clase de Zumba con toda a comunidade educativa da man de Inés, nai dun neno de Educación Infantil.
Despois diso compartiremos unha merendola saudable entre todos/as. Así que non o pensedes máis, e non dubidedes en acudir ás 11:00h e desfrutar desta convivencia.
Agardámosvos!
Dende hoxe temos dispoñible no noso centro e na Páxina Web un novo espazo chamado “Punto Laranxa”. Trátase dun lugar onde calquera persoa coñecedora dunha situación de posible acoso poida comunicalo. Esta comunicación será anónima e recibirase no centro a través dunha mensaxe que se despositará no buzón do punto habilitado ou a través da nosa páxina.
Durante o mes de abril teremos a oportunidade de formarnos da man de dúas grandes profesionais no ámbito do benestar emocial. Por este motivo, convidámosvos a compartir con nós estas sesións onde ademais de afondar nestas técnicas, desfrutaremos dun café xuntos/as.
Animádevos a participar!
Para anotarvos podedes chamar ao centro ou directamente na conserxería
Damos comezo aos “venres olímpicos”, xornadas e obradoiros onde coñeceremos en profundidade diferentes deportes da man de profesionais e clubes da contorna. Así, damos continuidade ao noso Proxecto dos Xogos Olímpicos e seguimos fomentando entre o noso alumnado hábitos de vida saudable e a actividade física.
Aproveitando que esta semana celebramos o 8M, Día da Muller, temos unha gran invitada, Sara Vázquez, nai dunha alumna do noso centro e xogadora de baloncesto profesional. Con Sara afondaremos neste deporte de equipo e aprenderemos novas técnicas.
Non perdades de vista as nosas redes sociais e páxina web, pois iremos anunciando novidades e novos deportes a coñecer e practicar!