Damos comezo aos “venres olímpicos”, xornadas e obradoiros onde coñeceremos en profundidade diferentes deportes da man de profesionais e clubes da contorna. Así, damos continuidade ao noso Proxecto dos Xogos Olímpicos e seguimos fomentando entre o noso alumnado hábitos de vida saudable e a actividade física.
Aproveitando que esta semana celebramos o 8M, Día da Muller, temos unha gran invitada, Sara Vázquez, nai dunha alumna do noso centro e xogadora de baloncesto profesional. Con Sara afondaremos neste deporte de equipo e aprenderemos novas técnicas.
Non perdades de vista as nosas redes sociais e páxina web, pois iremos anunciando novidades e novos deportes a coñecer e practicar!