O pasado 12 de abril realizamos no centro un proxecto pioneiro pola sostenibilidade que mestura cultura, creatividade e coidado do medio ambiente a través da realización dun mural colaborativo e ecolóxico, onde participou o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria. As pinturas usadas son fotocatalíticas, que absorben o CO2, coma se fosen árbores, de aí a súa importancia medioambiental, o que está directamente relacionado co noso PDI: "Patrimonio ecolóxico-natural e cultural na nosa contorna".
Por outra banda a rapazada de 5º de infantil, 1º e 2º de primaria, pintaron bolsas de tea coas mesmas pinturas fotocalíticas.
Fantásticos obradoiros cheos de sostenibilidade, creatividade e coidado mediambiental.
Deixámosvos cunha pequena presentación da actividade.
Tedes as fotos na galería: FOTOS
O pasado 29 de marzo visitou a nosa biblioteca "Paco Nogueiras" e deleitou ao noso alumnado de infantil, primeiro e segundo, con varios contos musicados da editorial "Kalandraka".
Unha xornada moi divertida e coa que o noso alumnado disfrutou moitísimo.
Tedes as fotos e o vídeo nas respectivas galerías:
Para ver o vídeo premede na imaxe anterior.
Tedes máis información no seguinte PDF.
Máis imaxes na galería de FOTOS