Despois do parón obrigado pola pandemia da COVID-19, o Concello de Pontedeume, organiza de novo as Eumeolimpiadas, xornadas de convivencia a través do deporte, entre todos os colexios do Concello.
Xornadas onde se pretende a colaboración, sen competencia, entre os centros.
Podedes ver algunhas imaxes na galería de fotos del colexio.
A semana pasada celebramos no noso centro a Semana da Saúde. Para iso contamos con distintos profesionais deste ámbito que nos deron a coñecer contidos moi importantes para mellorar nosa saúde.
Tivemos a sorte de coñecer de primeira man o piragüismo grazas a Miguel Soro. Con el tamén aprendimos o uso correcto das mochilas escolares e a importancia da actividade física dende pequenos/as.
Para finalizar, o alumnado de 1º, 2º e 3º de Educación Primaria, asistiu a unha formación inicial de Primeros Auxilios e RCP, imprescindible para posuír nocións básicas.
Grazas a todos e todas pola colaboración e pola gran acollida destas actividades!
Esta semana, nos nosos “Venres Olímpicos” temos a sorte de contar co Equipo de Triatlón de Ferrol.
O pasado 22 de marzo realizamos no centro unha Masterclass de Zumba dentro dos nosos “Venres Olímpicos!.
Transmitir hábitos saudables e promocionar a actividade física foi o obxectivo principal desta sesión, así como despedir o trimestre acompañados/as de todas as familias, apostando cada vez máis pola presenza das mesmas na vida do centro.
De novo, queremos agradecer a gran acollida desta actividade e a gran participación de todos e todas. Esperamos vervos moi pronto!!
PARA VER O VÍDEO PREMEDE NA IMAXE.
O vindeiro luns, 15 de abril, continuamos coas nosas Escolas de Nais e Pais. Esta vez, contamos con Miguel Soro, fisioterapeuta, que nos falará dos novos estudos de hixiene postural.
Non dubidedes en asistir a esta xuntanza!
O pasado 13 de abril tivemos a sorte de poder contar na nosa Escola de Nais e Pais con @cuentaconmigodp , formadora en Disciplina Positiva. Tal e como aprendimos nesta sesión o primeiro que queremos é dar as GRAZAS a todas as persoas que asistiron e quixeron compartir con nós este momento de aprendizaxe, buscando a mellora nas ensinanzas do noso alumnado e fomentando a importancia do benestar emocional de toda a comunidade educativa.
Continuaremos organizando actividades e obradoiros que posibiliten compartir recursos para traballar en equipo e mellorar a relación familia-escola.
O día 8 de Marzo conmemoramos no noso cole o día da Muller. Durante esa semana, fixemos diversas actividades como: lectura de contos a prol da igualdade; debuxos de mulleres relevantes na nosa familia; investigamos a mulleres deportistas para facer un xornal con elas; inauguramos as rúas do noso cole cos seus nomes e tivemos a visita dunha deportista e mamá do cole, Sara Vázquez que nos contou a súa traxectoria deportiva ademais de ensinarnos xogadas de baloncesto. A todas elas, gracias por ser inspiración para nós!
Nun día como hoxe, Día da Árbore e dos Bosques, non podemos deixar de recordarvos o noso gran proxecto, a creación dun BOSQUE COMESTIBLE nas zonas exteriores do centro, convertindo esta iniciativa na gran seña de identidade do CEIP Plurilingüe de Andrade. Aquí seguimos formándonos e traballando arreo para conseguir un espazo sostible e natural para que o noso alumnado desfrute nos seus tempos de lecer de zonas verdes, e de todas as posibilidades que ofrece a nosa natureza para o seu enriquecemento e cremento persoal.