Anexos:
Documento formalización matrícula
Cuestionario lingua materna (únicamente Educación Infantil)
Moi involucrados/as no coidado do noso medio e na reciclaxe, ao longo de todo o curso levamos a cabo o programa de «RECREOS RESIDUOS CERO» de @teachersforfuturespain. Isto consiste en motivar ao noso alumnado para non xerar residuos nas merendas.
A acollida foi moi boa e positiva, reducíndose considerablemente o número de envases plásticos non reutilizables e de residuos desde comezo de curso. Seguiremos esta andaina, sumándonos ao lema #SinContaminaciónPorPlásticos.
O vindeiro martes, 18 de xuño, terá lugar a votación do noso PDI para o curso 2024-2025.
O alumnado e profesorado poderá escoller a súa temática favorita de entre as dúas seleccionadas: Arte e Ecosistemas.
Estamos impacientes por saber que aventura nos deparará o próximo curso.
En breve publicaremos os resultados!!
O vindeiro xoves, 20 de xuño, convidamos a todas as familias que se incorporan ao noso centro a compartir connosco unha xornada de convivencia.
O novo alumnado poderá desfrutar cos seus compañeiros/as de diferentes propostas e actividades na aula, dunha merenda conxunta e do xogo libre no tempo de recreo.
NON DUBIDEDES EN ASISTIR!
Para máis información podedes consultar as súas redes sociais @anpa_colexioandrade ou contactar directamente a través do seu correo anpadeandrade@gmail.com
Onte o alumnado de 4º, 5ºe 6º fixo unha saída a Pontedeume na que puideron coñecer a historia da vila facendo un roteiro polas súas rúas. Tamén tiveron tempo para facer un xogo nos xardíns de Lombardero e coñecer as árbores que habitan neles. Coñecer o seu patrimonio é parte fundamental da súa aprendizaxe!
Fantástica xornada en comunidade, onde a rapazada explicou ás familias os proxectos elaborados ao longo do curso 2023-2024.
Grazas a toda a comunidade educativa pola vosa asistencia, colaboración e bo facer!