Moi involucrados/as no coidado do noso medio e na reciclaxe, ao longo de todo o curso levamos a cabo o programa de «RECREOS RESIDUOS CERO» de @teachersforfuturespain. Isto consiste en motivar ao noso alumnado para non xerar residuos nas merendas.
A acollida foi moi boa e positiva, reducíndose considerablemente o número de envases plásticos non reutilizables e de residuos desde comezo de curso. Seguiremos esta andaina, sumándonos ao lema #SinContaminaciónPorPlásticos.