DEVOLUCIÓN DOS LIBROS DE TEXTO PERTENCENTES AO FONDO DE LIBROS PARA A SÚA INCORPORACIÓN AO FONDO SOLIDARIO PARA O CURSO 2023/24
Segundo o indicado no Artigo 16 da ORDE do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/24
Ao rematar o curso 2022/23, o alumnado beneficiario de libros de texto do fondo, deberá devolvelo ao centro para a súa incorporación ao fondo solidario para o curso 2023/24.
O prazo máximo para devolvelos será o 21 de xuño de 2023.
O horario establecido polo centro para a devolución é o seguinte:
|
Luns 19 de xuño |
Martes 20 de xuño |
Mércores 21 de xuño |
Mañá |
De 9:15 h a 13:30h |
De 9:15 h a 13:30h |
De 9:15 h a 13:30h |
Tarde |
De 16:30h a 18:30h. |
Non hai recollida |
Non hai recollida |
CONDICIÓNS DE DEVOLUCIÓN
Devolveranse baixo a supervisión de persoal da secretaría do centro, que comprobará se compren as condicións de devolución.
Os libros deben ser devoltos en bo estado, forrados, sen marcas de lapis, bolígrafo, pegamento, e sen nome (por favor retírenlle as etiquetas co nome do alumno ou alumna).
O ACTIVITY BOOK non se devolve, considérase material funxible. O CLASS BOOK é o que hai que devolver, de ser o caso.
As familias que libremente queiran doar os libros de texto de 3º ou 4º, adquiridos con fondos propios, para incorporar ao fondo solidario de libros do centro, poderán facelo nas mesmas datas e coas mesmas condicións de devolución.
- blogue de Dirección do Centro
- APIs de Blogue